Martín Fiz apadriñará a 15k do atlántico 2019

Publicado por o día 13/09/2019 na sección de Galicia,A Guarda

Martín Fiz apadriñará a 15k do atlántico 2019

Martín Fiz, o emblemático atleta que ten acadado numerosos éxitos a nivel internacional na especialidade de maratón, será o padriño e tamén participará na 15K do Atlántico Banco Mediolanum Multisport Camiño da Costa, que se disputará o vindeiro 29 de setembro, cun percorrido polos Concellos de Oia, O Rosal e A Guarda.

É un especialista en maratón, proba na que logrou os seus maiores éxitos, foi unha vez campión do Mundo e outra de Europa, medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Atenas, un dos momentos máis importantes da súa carreira deportiva. En Atlanta foi cuarto y logrou un diploma olímpico en Sídney.

As súas conquistas o levaron a lograr magníficos postos cando pasou á categoría de veteranos.  Así, se impuxo nos maratóns de Tokio, Boston, Berlín, Chicago, Nueva York e Londres. Desa forma demostrou que no perdera o talento que lle converteu nun referente atlético a nivel internacional. A súas vitorias lle manteñen ademais no primeiro plano da actualidade atlética.

En 2018 sufriu un accidente de tráfico, atropelado por un vehículo nun paso de peón e tivo que ser hospitalizado con catro costelas rotas, sen embargo, a súa capacidade de superación lle levaron a acadar todas as esixencias e no mes de xaneiro logrou un novo rexistro mundial na distancia de 10 quilómetros en ruta para maiores de 55 anos.

Martín Fiz foi distinguido co Premio Príncipe de Asturias no 1997 co equipo español de maratón e tamén lle entregaron a medalla de ouro da Real Orden de Mérito Deportivo concedida polo Consello Superior de Deportes. En Vitoria, a súa cidade natal, organiza todos os anos un maratón que leva o seu nome.

Ademais da presenza de Martín Fiz, a organización teñen previsto realizar unha serie de actividades paralelas.

A 15K do Atlántico Banco Mediolanum Multisport Camiño da Costa está deseñada para ser un evento familiar, no que non faltará unha andaina, unha ruta a cabalo que terá lugar o día 28, conferencias e tamén un concerto musical.

A xornada do día 29 será intensa para os atletas, que partirán de Oia, pasarán polo Rosal e terminarán na Guarda.

As inscricións para poder realizar o percorrido xa se poden realizar na páxina web championchipnorte.com.