Con aínda 20 días por diante para o peche da campaña, xa son case 8.000 os abonados que tramitaron o seu carnet do RC Celta para a presente tempada, un dato francamente positivo dadas as actuais circunstancias e a tradicional evolución das campañas de abonados do club, que rexistran a súa maior actividade no tramo final. En só unha semana, o RC Celta sumou case 3.000 abonados.
As expectativas sobre o regreso dos afeccionados aos campos melloraron nas últimas semanas -a Liga confía en que no mes de xaneiro xa poida haber público nos estadios- e o carnet de abonado do RC Celta inclúe, entre outras vantaxes, o acceso á compra de entradas para aqueles partidos que se poidan disputar en Abanca Balaídos con aforo limitado, así como acudir aos partidos do filial en Barreiro de xeito gratuito. As condicións específicas da campaña melloran de xeito sensible ás da maioría de clubs de Primeira División e doutras categorías do fútbol español.
O abono do RC Celta ofrece acceso a contidos exclusivos na nova web oficial e a unha zona privada da tenda online oficial, con descontos de ata o 30% en packs de produtos oficiais. Tamén ofrece a posibilidade de gozar de visitas guiadas á nova Cidade Deportiva Afouteza, unhas instalacións referentes en funcionalidade, deseño e coidado do medio ambiente.
Os abonados poden tramitar altas e renovaciones na nova páxina web oficial do club de xeito rápido, sinxelo e seguro accedendo a través do enlace rccelta.es/abonados, onde poderán consultar todos os detalles da campaña.
Ademais, co fin de facilitar a renovación dos abonados maiores de 65 anos que necesiten axuda para realizar esta operación, o RC Celta habilitó unha taquilla no estadio de Abanca Balaídos destinada en exclusiva a realizar este trámite. A taquilla abre cada xoves de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas (os días 24 e 31 de decembro só en horario matutino).
Os abonados maiores de 65 anos, ou todos aqueles que necesiten axuda, e desexen utilizar este servizo deberán domiciliar o seu abono, polo que necesitarán un número de conta e asinar a autorización da domiciliación.
O servizo Escoitamos (escoitamos.rccelta.es) atenderá todas as dúbidas relativas á campaña, ademais de axudar co proceso de tramitación de abono a aquelas persoas que así o necesiten.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.