A coalición Galicia en Común – Anova Mareas incorpora ás súas listas referentes sociais, profesionais e políticos de todo o espazo de ruptura

Publicado por o día 02/03/2020 na sección de Política,En Común Unidas Podemos

A coalición Galicia en Común – Anova Mareas incorpora ás súas listas referentes sociais, profesionais e políticos de todo o espazo de ruptura

Durante o día de hoxe serán rexistradas as candidaturas da coalición Galicia en Común – Anova Mareas, nas que incorporamos referentes sociais, profesionais, persoas vinculadas a Podemos, Esquerda Unida, Anova e as mareas municipalistas.

As eleccións do 5A son decisivas para Galicia xa que temos a oportunidade de abrir horizontes de esperanza e de benestar para as maiorías sociais agredidas deste país. Unhas eleccións nas que podemos derrotar o Partido Popular de Alberto Núñez Feijóo, e con eles os recortes na sanidade, na educación e nos servizos sociais.

“Saímos cunha aposta de impugnación coa que queremos disputar hexemonías. Somos unha candidatura plural e diversa, na que conviven mulleres e homes de diferentes traxectorias profesionais e políticas, pero na que compartimos unha reflexión fundamental: a Xunta de Galicia debe traballar para a xustiza e a igualdade entre os galegos e galegas, e Galicia debe contar con peso político no Estado para abordar o seu proceso de democratización” manifestan.

“Nos próximos días trasladaremos máis novidades en relación ás nosas propostas políticas, que beben dunha traxectoria conxunta compartida durante anos”, anuncian. “A nosa presenza no Parlamento de Galicia será a garantía fundamental para que un cambio de gobernantes na Xunta de Galicia non sexa un simple intercambio de cromos, unha maquillaxe, senón unha mudanza real de políticas que nos permitan traballar en común na procura plena da igualdade e das condicións materiais e culturais para a liberdade” finalizan.

CANDIDATURAS GALICIA EN COMÚN – ANOVA MAREAS AUTONÓMICAS 2020

A CORUÑA
1. Antón Gómez Reino
2. Luca Chao Pérez
3. Martiño Noriega Sánchez
4. Saíza Ruíz Ferreño.
5. Xan Xosé Jove Fernández
6. Isabel Faraldo Calvo
7. Marta Lois González
8. Néstor Sieira Fernández.
9. María del Pilar Pérez Fagil
10. Borja San Ramón Tizón
11. Loreto Taibo Rama. Avogada
12. María Dolores Caramés Hermo
13. Adrián García Seijas
14. Berta Vigil Ortega
15. Jorge Carlos Duarte Vázquez
16. María Rocío Fraga Saénz
17. Jorge Crego Blanco.
18. Elena Pernas Ciudad
19. Rafa Dopico Carballeira
20. Natalia Brión Lijo
21. José Luís Burón Eiras.
22. Gladys Virxinia Afonso Lobato
23. José Francisco Iglesias Novas
24. Yolanda Regueira Filgueiras
25. Carlos Nogueira Souto
Suplente 1: Lucas Ezequiel Martinez Rojas
Suplente 2: Verónica Núñez Fernández
Suplente 3: Manuel López Besteiro
Suplente 4: Elva Filgueiras Fernández
Suplente 5: Celsa Oreiro Bermúdez

LUGO
1. Miguel Anxo Fernán Vello
2. Vanesa Somoza Domínguez
3. José Manuel Perez Afonso
4. Aurora Rodriguez García
5. Begoña Pedrouzo Vázquez
6. Carlos Anxo Portomeñe Pérez
7. Luis Manuel García Otero
8. Carla Bolaños Blanco
9. Paula Santiago Fernández
10. María Jesús Rodríguez Rodríguez.
11. Xavier Cordal Fortes
12. Covadonga Alonso García
13. José Antonio Perez Somoza
14. Inmaculada Alonso Rodriguez
Suplente 1: Fernando Yáñez Pérez
Suplente 2: María Natalia López Macías
Suplente 3: Menalia Yañez Basanta
Suplente 4: David López de la Fuente
Suplente 5: María Sánchez Montilla

OURENSE
1. David Bruzos Higuero
2. Victoria María Álvarez Docabo
3. Paula Rodriguez Domínguez
4. María do Pilar Barros Barco
5. Brais Fidalgo Martínez
6. Manuel Nogueira Pérez
7. Iris Aragón Zubeldia
8. Lucía España Fariñas
9. Carlos Alberto López Garrido
10. Juana Alberta Hernández Rodríguez
11. Victor Manuel Gil Lamas
12. Gloria Chao Lamas
13. Carlos Puga García
14. Inés Fernández Peña
Suplente 1: César Vázquez González
Suplente 2: María Mercedes Martinez Modroño
Suplente 3: Isidoro Jesús Hernández Sanchís
Suplente 4: Cynthia Calleiros Rodríguez
Suplente 5: María del Carmen Blanco Fernández

PONTEVEDRA
1. Eva Solla Fernández.
2. Iria Figueroa Torres
3. Marcos Cal Ogando
4. Verónica Hermida Longa
5. Ramón Ángel Lareu Riveiro
6. Estela Miller Fernández.
7. Julia Torregrosa Señudo
8. Catuxa López Pato
9. Óscar González Álvarez
10. Juan Lamelas Alfonso.
11. Moraima Pérez Miguez
12. María José Rodriguez Rosales
13. Carlos Vidal Vázquez
14. Nuria Andión Rodríguez.
15. Xoan Álvarez Rodríguez
16. Sonia Pazos García
17. Andrés García Bastón
18. María del Mar Moreira Dopazo
19. Lino Antonio Costas Vila.
20. Carmen Peña Hernández
21. Aarón Franco Outón
22. Iria Rodriguez Leirós
Suplente 1: Alba Sánchez Novo.
Suplente 2: Antía Fernández Gonzalez
Suplente 3: Roberto Santiago Pérez Rodríguez
Suplente 4: María Laura Blanco Carril
Suplente 5: Jose Manuel Albán Lage