🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Unidas Podemos celebra a transferencia da AP9 a Galicia como o «primeiro paso necesario» para lograr que sexa pública e gratuíta

O deputado de Unidas Podemos, Antón Gómez Reino, celebrou que o debate que terá lugar esta tarde no Congreso sexa «o primeiro paso para conseguir que a AP9 sexa pública e gratuíta». ‘É o primeiro chanzo necesario dun camiño cheo de escollos polo bloqueo persistente do PP que durante anos rexeitou as múltiples iniciativas que […]

Pública, gratuíta e galega. Na véspera do debate no Congreso do Proxecto de Lei de Transferencia da Autoestrada do Atlántico (AP9) a Galicia, o deputado galego Antón Gómez Reino, remarcaba hoxe cales son as tres premisas irrenunciables coas que a formación leva anos presentando batalla no Congreso con distintas iniciativas parlamentarias para dar resposta a […]

Unidas Podemos súmase á Unión General de las Comunidades Palestinas en Europa e exixe a liberación inmediata do ancián preso político palestino Fuad Al Shobaki, que permanece na cadea en Israel. A Comunidade Internacional e, en particular, a Unión Europea, debe presionar ao gobierno de Israel para liberar ao preso político palestino de 81 anos […]

Unidas Podemos exixe a dimisión inmediata da alcaldesa de Boimorto, a popular María Jesús Novo Gómez, tras terse publicado hoxe por parte de eldiario.es que se vacinou contra o coronavirus sen atoparse en ningún dos grupos que están a recibir a vacina. As explicacións que recolle o xornal e nas que xustifica a súa vacinación como persoal […]

Gómez Reino: «O goberno de coalición continuará actuando con determinación para recuperar todos os bens expoliados pola Familia Franco»

O deputado de Unidas Podemos e portavoz de Galicia en Común, Antón Gómez Reino, reuniuse esta mañá co Secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez, para tratar cuestións relacionadas coa memoria histórica en Galicia. O dputado puxo sobre a mesa a súa preocupación polos usos futuros do Pazo de Meirás tras o intento, por […]

«A vivenda é un dereito. Así o vimos defendemos desde hai anos desde Unidas Podemos, agora desde o Goberno do Estado, apostando con determinación pola regulación dos prezos no mercado de alugueiro como onte mesmo demandaba a Eurocámara», demandou hoxe Antón Gómez Reino, deputado de UP e voceiro de Galicia en Común. «Temos claro cal […]

O Grupo Parlamentario Confederal de Unidas Podemos-En Comú Podem-Galicia en Común considera preocupante o gromo de coronavirus detectado onte nunha granxa de visóns na localidade coruñesa de A Baña. “Non só preocupante”, apuntou o deputado galego, Antón Gómez Reino, “senón tamén evitable se se tivesen tomado as medidas que asociacións e nós mesmos levamos semanas […]

O deputado de Unidas Podemos pola Coruña, Antón Gómez Reino, amosou hoxe o seu total apoio ás centrais sindicais galegas, que veñen de convocar unha folga comarcal para clamar contra á desertización industrial que sufre a comarca de Ferrolterra dende hai anos. «Unha situación que ven de lonxe e se arrastrou ao longo desta última […]

Unidas Podemos pedirá no Congreso que se inclúa a concesión dos terreos de Vulcano no novo proxecto industrial para o estaleiro

O Grupo Parlamentario Confederal de Unidas Podemos-En Comú Podem-Galicia en Común trasladará ao Congreso unha iniciativa para que se permita incluir a concesión dos terreos de Vulcano no futuro proxecto industrial de recuperación do estaleiro, proposto polo Grupo Argos. “É inadmisible”, apuntou o deputado Antón Gómez Reino, “que a Autoridade Portuaria de Vigo teña a […]

Gómez Reino exixe a Endesa que faga pública toda a documentación das probas con biocombustibles e acredite a súa inviabilidade

O deputado de Unidas Podemos pola provincia da Coruña, Antón Gómez Reino, exíxelle a Endesa que sexa transparente cos traballadores e coas administracións e “faga pública toda a documentación e informes das probas realizadas con biocombustibles” que os traballadores aseguran non coñecer na súa totalidade. O Grupo Parlamentario trasladara o pasado 17 de novembro esta […]

O Grupo Parlamentario de Unidas Podemos-En Comú Podem- Galicia en Común vén de rexistrar unha pregunta escrita relativa ás manchas negras coas que amencía a praia de Bastiagueiro, na localidade coruñesa de Oleiros, esta fin de semana. O deputado pola Coruña e voceiro de Galicia en Común, Antón Gómez Reino, sinalou que “dende o noso […]

Unidas Podemos exixe a readmisión da compañeira de Alu Ibérica despedida polo Grupo Riesgo e pide unha intervención temporal da factoría

O deputado de Unidas Podemos pola provincia da Coruña, Antón Gómez Reino, volveu participar na mañá de hoxe dunha nova xornada de mobilizacións por parte dos traballadores de Alu Ibérica na Coruña, que siguen pedindo das administracións públicas unha solución viable para garantir o futuro da factoría e dos seus postos de traballo. Antón Gómez […]

O deputado pola Coruña do Grupo Parlamentario Confederal de Unidas Podemos-En Comú Podem-Galicia en Común, Antón Gómez Reino, aposta por “ir máis alá das bonificacións” en relación coa AP9 e considera que “non é de recibo que nun contexto como o actual nos quedemos só en financiar con 50 ou máis millóns de euros ao […]

O vicepresidente e portavoz do Grupo Parlamentario Confederal de Unidas Podemos-En Comú Podem-Galicia en Común na Comisión de Asuntos Exteriores, Antón Gómez Reino, vén de rexistrar unha iniciativa parlamentaria para que o Ministerio de Asuntos Exteriores adopte as medidas que sexan necesarias para que Israel garanta a vacinación da poboación palestina. No documento lémbrase que, […]

Gómez Reino: “Xa non hai excusas e grazas ao traballo de Unidas Podemos o Congreso pode e debe investigar a Juan Carlos de Borbón”

Os letrados do Congreso admitiron hoxe a trámite a creación da Comisión de Investigación que o Grupo Parlamentario Confederal de Unidas Podemos-En Comú Podem-Galicia en Común solicitou o pasado mes de decembro para que a Cámara Baixa investigue o suposto uso de tarxetas black por parte do rei emérito tras a súa abdicación. “Non é […]

Galicia en Común celebra que ADIF restableza a conexión con Euskadi e insta a implementar outros servizos cancelados no inicio da pandemia

Galicia en Común celebra que ADIF restableza o vindeiro luns a conexión ferroviaria entre Galicia e Euskadi que suprimira durante a pandemia cun novo tren Alvia que acorta os tempos da viaxe e incorpora novas paradas en Vitoria e Pamplona, ademáis de Bilbao e Logroño. ‘Alégranos que ADIF atenda as nosas reivindicacións e repoña un […]

Gómez Reino cualifica de vacuo e artificial o discurso de Feijóo, sen folla de ruta para pular polo país

O deputado de Galicia en Común, Antón Gómez Reino, referiuse hoxe ao discurso de Feijóo como artificial e vacuo. “Un exercicio máis de propaganda en plasma que disimula a total inhibición do presidente galego na xestión da pandemia evita o esencial: definir unha folla de ruta para a recuperación do noso país”. “O discurso é […]

Representantes do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia reúnense con Iria Figueroa, número 2 por Pontevedra de Galicia En Común

Nunha xuntanza realizada este venres con motivo das próximas eleccións galegas, os membros da Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia Xaime Leiro e Eliana Martíns insistíronlle a Iria Figueiroa, número dous da candidatura de Galicia En Común – Anova Mareas pola provincia de Pontevedra, na necesidade de resolver politicamente os problemas que afectan á profesión da nosa […]

A coalición Galicia en Común – Anova Mareas incorpora ás súas listas referentes sociais, profesionais e políticos de todo o espazo de ruptura

Durante o día de hoxe serán rexistradas as candidaturas da coalición Galicia en Común – Anova Mareas, nas que incorporamos referentes sociais, profesionais, persoas vinculadas a Podemos, Esquerda Unida, Anova e as mareas municipalistas. As eleccións do 5A son decisivas para Galicia xa que temos a oportunidade de abrir horizontes de esperanza e de benestar […]