O deputado de Galicia en Común, Antón Gómez Reino, referiuse hoxe ao discurso de Feijóo como artificial e vacuo. “Un exercicio máis de propaganda en plasma que disimula a total inhibición do presidente galego na xestión da pandemia evita o esencial: definir unha folla de ruta para a recuperación do noso país”.
“O discurso é outro exemplo máis do que Feijóo e o PP representan na Xunta de Galicia: un presidente máis preocupado dos seus intereses político e de erosionar e sabotear a acción do Goberno que de tecer redes entre Administracións públicas para protexer aos galegos e as galegas”, manifestou Gómez Reino.
“Nove minutos sen medidas determinadas, nin propostas concretas nos que de nada vale mencionar con finxida emoción ao persoal das residencias de maiores cando a privatización feroz do sistema público de coidados que o PP de Alberto Núñez Feijóo practicou sistemáticamente foi, precisamente, o que nos deixa unha Galicia ferida e moi vulnerable tras unha década de recortes implacables ao público, ao común”.
“O que lle pedimos ao 2021”, sinalou o deputado galego, “é menos propaganda e autocomplacencia. O que as e os galegos precisan é unha acción decidida e determinada na defensa dos que nos sosteñen. Non os bingos nin os casinos, non, senon os sanitarios, os docentes, o persoal dos servizos públicos, pequeños produtores, os autónomos, a hostalería e o turismo que agardan polas axudas comprometidas en novembro mentres que a Xunta se encomenda aos milagres do o Apóstolo”.
Saúde e sanidade pública.
Bo Aninovo 2021!
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.