A Deputación de Pontevedra vén de concluír as obras de reparación das fachadas do edificio que alberga o Centro de Educación Especial de Pontevedra e o CIX Agarimo, dentro do Centro Príncipe Felipe, destinadas a mellorar a eficiencia enerxética e a impermeabilización destas instalacións. Nesta actuación, que se enmarca nos importantes investimentos que a Deputación está a realizar en Príncipe Felipe, a institución provincial investiu un orzamento de preto dun millón de euros.
O obxectivo deste proxecto era mellorar a eficiencia enerxética do edificio mediante a renovación parcial da folla exterior da fachada, a substitución da carpintería exterior existente e a incorporación de elementos para o illamento térmico do edificio. Hai que lembrar neste senso que o inmoble que alberga o Centro de Educación Especial e o CIX Agarimo fora construído na década dos 70 e amosaba unha serie de patoloxías, tales como fisuras, eflorescencias ou pequenos desprendementos de morteiro, que provocaban perdas enerxéticas e non garantían niveis axeitados de illamento térmico.
No marco dos investimentos que está a realizar en Príncipe Felipe, a Deputación de Pontevedra concluíu o pasado 2020 as obras de reparación de cuberta e fachada do Auditorio do Centro, cun orzamento de máis de 260.o00 euros, e que tamén estaban destinadas a mellorar a eficiencia enerxética da instalación. Doutra banda, o pasado ano a institución provincial investiu así mesmo máis de 133.000 euros nos traballos realizados para a corrección de defectos na instalación eléctrica de baixa tensión no Centro Príncipe Felipe.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.