A desmontaxe do paso elevado de Lepanto e as obras do túnel á estación obrigan a cortar o tráfico desde mañá

O tráfico quedará cortado desde mañá martes 12 de xaneiro nas rúas Lepanto, Alfonso XIII e no acceso á AP9 para comezar a derruba do paso elevado e as obras de execución do túnel de entrada á estación. As alternativas para acceder á autoestrada son as seguintes: túnel de Beiramar, Isaac Peral, Praza San Lourenzo ou Bos Aires.
Publicado por o día 11/01/2021 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

A desmontaxe do paso elevado de Lepanto e as obras do túnel á estación obrigan a cortar o tráfico desde mañá

O tráfico quedará cortado desde mañá martes 12 de xaneiro nas rúas Lepanto, Alfonso XIII e no acceso á AP9 para comezar a derruba do paso elevado e as obras de execución do túnel de entrada á estación. As alternativas para acceder á autoestrada son as seguintes: túnel de Beiramar, Isaac Peral, Praza San Lourenzo ou Bos Aires.

Tal e como estaba previsto, mañá martes arranca o plan de tráfico especial implementado para a desmontaxe do paseo elevado que da acceso á AP9 desde a rúa Lepanto así como para iniciar as obras de execución do túnel de entrada á estación. Deste xeito, quedarán pechadas ata o 31 de xaneiro as rúa Lepanto e Alfonso XIII, mentres que as obras de execución do paso subterráneo obrigarán a pechar o acceso á AP9 ata o próximo mes de outubro. O Concello estableceu as seguintes alternativas de entrada á autoestrada: túnel de Beiramar, Isaac Peral, Praza San Lourenzo ou Bos Aires.

Comentar noticia

Your email address will not be published.