A Oficina Dereitos Sociais de Coia comeza un novo curso cuns novos horarios

Publicado por o día 26/09/2018 na sección de Eventos,Galicia,ODS Coia,Social,Vigo

A Oficina Dereitos Sociais de Coia comeza un novo curso cuns novos horarios
Inician un novo curso, xa son 11 anos de punto de información e denuncia en Coia, con cambios. Continuan nos locais da parroquia do Cristo da Vitoria (rúa Baiona 9, Vigo) pero mudan  ao horario de mañá, este curso 2018/19 estaremos os LUNS de 10:00 a 12:00 da mañá.
Ademais deste horario de atención presencial podedes contactar, preguntar dúbidas a través do email > odscoia@riseup.net, dos teléfonos > 696 618 732 e 679 758 663 e tamén no twitter > @odscoia
O punto segue en funcionamento coa idea de seguir intercambiando información sobre o mundo dos “servizos sociais”, co obxectivo de agrupar forzas á hora de defender unha vida digna para todas as persoas. Tentamos ofrecer información alternativa sobre axudas sociais, denunciar e visualizar a dor inflixida e artellar loitas/resistencias dende abaixo por medio do apoio mutuo.
Daquela se estás sen ingresos, se non atopas as respostas nos servizos sociais que ten permitan vivir cuns mínimos, se tes problemas de vivenda… infórmate e xúntante con outras!
Dereitos sociais, xa! Renda Básica das iguais e moito máis!