A unidade móbil da ITV estará en Ponte Caldelas o 8 de outubro para facilitar a inspección dos tractores

O Concello destaca que a revisión periódica é o primeiro paso para garantir a seguridade dos vehículos agrícolas
Publicado por o día 09/09/2019 na sección de Galicia,Ponte Caldelas

A unidade móbil da ITV estará en Ponte Caldelas o 8 de outubro para facilitar a inspección dos tractores

O concello de Ponte Caldelas informa que dende hoxe se pode pedir cita para a ITV dos vehículos agrícolas do concello. As persoas interesadas en pasar a revisión técnica obrigada do seu vehículo agrícola teñen a oportunidade de aproveitar a visita que a unidade móbil vai realizar o próximo 8 de outubro, entre as 9 e as 13.30 horas, e estará na explanada de Chan da Barcia.

O Concello vén de publicar un bando informativo no que dá conta de que, dende hoxe, para socilitar a cita previa só hai que chamar ao teléfono (902 30 90 02) ou rexistrala no sito web www.sycitv.com.

En Ponte Caldelas hai numerosos vehículos destas características, polo que o Goberno local mantén unha colaboración estable coa empresa concesionaria da inspección técnica que dá habitualmente moi bos resultados.

Os vehículos agrícolas están obrigados a pasala revisión cada 2 anos ao cumprir o noveno ano de antigüidade e todos os anos unha vez cumpridos os 16. Segundo estatísticas oficiais a antigüidade do parque móbil agrícola galego é moito maior ca do resto de vehículos e está nunha media de 39 anos.

O alcalde, Andrés Díaz, insta a todos os propietarios/as de tractores a reservar cita dende hoxe e presentarse o próximo 8 de outubro, porque o bo estado dos vehículos é o primeiro paso para garantir a seguridade e evitar accidentes que, desgraciadamente, con este tipo de maquinaria son demasiado frecuentes.