Os motores volverán ruxir os días 8 e 9 de agosto na V Subida a Ponte Ponte Caldelas

Un ano máis os motores volverán a ruxir en Ponte Caldelas no mes de agosto. Será os días 8 e 9 na V Subida a Ponte Caldelas, que repetirá o circuito do ano pasado, con saída da estrada autonómica PO-244 (sentido Soutomaior) e epicentro en Rebordelo. Este trazado xa formara parte do Rally do Albariño […]

3-1: Victoria do Ponte Caldelas no estreno do renovado campo de Chan da Barcia

O Ponte Caldelas gañou 3-1 ao Mosteiro no primeiro partido no campo municipal de Chan da Barcia logo da renovación do céspede artificial. O partido estivo interesante ata o último minutos. Foi espectacular ver a grada chea e o bo ambiente que se viviu no recinto deportivo. Os ánimos e os cánticos dos aficcionados verdes […]

O Concello de Ponte Caldelas saca a licitación a explotación do quiosco da Praia Fluvial da Calzada

O Concello de Ponte Caldelas vén de sacar a licitación a explotación do quiosco da Praia Fluvial da Calzada. Trátase dunha adxudicación mediante procedemento aberto que terá unha duración de tres tempadas: 2020, 2021 e 2022 e que podería prorrogarse por un ano máis (2023). O quiosco deberá permanecer aberto tódolos días entre o 1 […]

A Xunta destaca a capacidade de superación e a aposta pola sustentabilidade da empresa Nefab de Ponte Caldelas

O director da Axencia Galega da Industria Forestal, Ignacio Lema, destacou hoxe a capacidade de superación da empresa Nefab, situada no concello pontevedrés de Ponte Caldelas, e a súa aposta pola sustentabilidade. O director visitou as instalacións desta compañía, que sufriu un incendio en 2017, e que foi unha das 14 empresas beneficiarias da liña […]

A Mesa Local de Comercio acorda substituir a Feira de Oportunidades por unha Campaña de Inverno

O esmorecemento das Feiras de Oportunidades é unha realidade en toda Galicia e, por iso, a Asociación de Comerciantes de Ponte Caldelas optou este ano por dar un xiro e poñer en marcha unha nova campaña para dinamizar o comercio nestes primeiros meses do ano, que virá a substituir a Feira de Oportunidades que se […]

Ponte Caldelas xa conta co mellor campo de fútbol da provincia de Pontevedra

O campo de fútbol de Chan da Barcia en Ponte Caldelas ten xa rematada a obra de cambio de céspede e os rapaces da escola de fútbol poden empezar hoxe mesmo a entrenar no sobre o novo tapete de herba sintética de última xeración. A obra tivo un custo de 156.000 euros para o Concello […]

O Concello solicita a Ethel Vázquez colaboración para urbanizar a estrada de Vilarchán

O Concello de Ponte Caldelas ven de remitir unha carta á conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, para solicitar a colaboración da Xunta de Galicia para a urbanización da PO-108, un tramo da antiga estrada autonómica que a consellería transferiu ao concello o pasado mes de xullo nun pésimo estado de conservación. Logo de […]

A Casa do Pobo de Regodobargo levará o nome de Suso Vaamonde

A Casa do Pobo de Regodobargo levará o nome de Suso Vaamonde, o cantautor galego nacido nesta aldea de Ponte Caldelas o 20 de decembro de 1950. Vaamonde faleceu en Vigo o 16 de febreiro de ano 2000, e coincidindo co vinte aniversario do seu pasamento, o Concello de Ponte Caldelas está a organizar un […]

Limpeza da Carballeira da Chan, en Caritel, para celebrar o campionato de campo a través

O Concello de Ponte Caldelas executou a limpeza da Carballeira da Chan, en Caritel, onde o vindeiro martes, 21 de xaneiro, se celebrará unha competición deportiva escolar de campo a tráves, na que participarán máis de 700 nenos dos centros educativos de Primaria e Secundaria de sete concellos da comarca: Ponte Caldelas, A Lama, Fornelos […]

Limpeza do entorno da capela de San Vicente de Parada

O Concello de Ponte Caldelas procedeu á limpeza do entorno da Capela de San Vicente de Parada, que o vindeiro mércores, 22 de xaneiro, acollerá a tradicional romería nesta ermida. Centos de veciños reúnense cada mes de xaneiro nesta capela para honrar a San Vicente, que ten moitos devotos no municipio. Por iso, os operarios […]

O Concello incrementará a subveción á SCD Ponte Caldelas se o primeiro equipo ascende de categoría

O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, recibiu onte á nova directiva da SCD Ponte Caldelas. Unha directiva renovada que dará un novo impulso ao club. Díaz amosou todo o seu apoio e ánimo aos membros da directiva nesta nova etapa e recalcou a importancia dunha boa xestión do equipo de fútbol. Para facilitar a […]

Rematadas as obras da estrada Anceu-Barbudo

A primeira fase das obras de mellora da estrada que une os núcleos de Anceu e Barbudo xa está rematada, á espera de proceder ao pintado das líneas de delimitación dos dous carrís de circulación. Os traballos consistiron na mellora da capa de rodadura e realizáronse de xeito moi completo, pois contemplaron a instalación de […]

A Ludoteca Municipal adapta o seu horario para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral

Facilitar o máximo posible a conciliación de vida familiar e laboral é o obxectivo do Concello de Ponte Caldelas. Por iso, a Ludoteca Municipal adaptará o seu horario para que os nenos que empregar o comedor escolar do colexio Manuel Cordo Boullosa poidan iniciar o horario de ludoteca ás 16.00 horas. Foron varias as familias […]

Entrega do calendario competencial da Deputación á familia da profesora Margarita Sánchez Reboredo

Margarita Sánchez Reboredo, a profesora de Lingua e Literatura do IES Ponte Caldelas falecida en 2014, é a protagonista do mes de maio do Calendario Competencial elaborado polo Colegio Rural Agrupado de Tui ‘Mestra Clara Torres’ coa colaboración da Deputación de Pontevedra que se distribuirá por todos os centros educativos de Infantil e Primaria da […]

O Concello prepara o interior do módulo que acollerá o comedor do colexio de A Reigosa

O Colexio da Reigosa recibiu no mes de setembro o módulo prefabricado para poñer en marcha o servizo de comedor escolar tan demandado polas familias do centro. Con preto de 40 usuarios, o inicio do servizo está á espera de ter todos os informes favorables da Xunta de Galicia, pero a ANPA do centro segue […]

Limpeza da carballeira de Mirón para a celebración da Festa de San Antonio

O Concello de Ponte Caldelas procedeu á limpeza da Carballeira de Mirón e todo o seu entorno para que os veciños poidan celebrar a vindeira fin de semana as Festas de San Antonio, o seu patrón, nas mellores condicións. Deste xeito está previsto o desbroce de toda a Carballeira con tractor e a limpeza dos […]

Reasfaltado dos tramos en mal estado da estrada provincial de Anceu

A estrada provincial de Anceu foi obxecto dunha mellora que supuxo a renovación do firme nos tramos que se atopaban deteriorados. Deste xeito, prodeceuse ao fresado, asfaltado e compactado das zonas que contaban cun firme deteriorado polo paso dos anos e dos vehículos. O Concello de Ponte Caldelas informou fai unhas semanas á Deputación de […]

Ponte Caldelas completa a súa flota de taxis cun vehículo adaptado a persoas con mobilidade reducida

Ponte Caldelas conta cunha flota de taxis de nove vehículos que acaban de mellorar o servizo ao renovar o taxi número 8 cun coche adaptado a persoas con mobilidade reducida. Os taxistas de Ponte Caldelas xa ofrecían un moi bo servizo aos seus clientes, pero agora amplían a súa capacidade de traballo ao ofrecer tamén […]

Ponte Caldelas, centro comercial de toda a comarca

Coempo, a Asociación de Comerciantes de Ponte Caldelas, repartiu onte á noite os premios que sortearon durante a campaña de Nadal, na que se repartiron máis de 20.000 rifas e na que os premios sumaban máis de 5.000 euros. O primeiro premio foi un televisor de 55 pulgadas, o segundo unha aspiradora Roomba e unha […]

Ponte Caldelas esperará por unha Lei do Solo que potencie o rural para aprobar o PXOM

Despois de 28 asambleas por todos os lugares de Ponte Caldelas, os concelleiros do grupo de Goberno acordaron hoxe, en Xunta de Goberno Local, agardar por unha Lei do Solo que verdadeiramente aposte polo rural, que busque potencialo e que permita o seu crecemento. A actual Lei do Solo, aprobada en febreiro de 2016 pola […]

O Concello colabora co CEIP A Reigosa na renovación e mellora da biblioteca do centro

O CEIP A Reigosa ten previsto o cambio de ubicación da biblioteca, para que un servizo tan importante para o alumnado conte cun espazo máis amplo, máis versátil e acorde aos novos tempos. Por iso, os operarios do Concello de Ponte Caldelas estiveron nos últimos días traballando no centro para pintar o actual Salón e […]

O programa Ponte Caldelas Termal levará aos maiores de 50 anos a relaxarse ás Termas de Cuntis

O Concello de Ponte Caldelas pon en marcha o programa Ponte Caldelas Termal 2020 e faino nas mesmas condicións que na pasada edición. As persoas maiores de 50 anos poderán disfrutar de dúas horas á semana nas Termas de Cuntis ao prezo reducido de 56 euros e con transporte gratuíto dende o centro de Ponte […]

Caldelas Viaxa arrancará o 28 de marzo cunha excursión de fin de semana a Asturias

Caldelas Viaxa, o programa de excursións para a veciñanza de Ponte Caldelas, arrancará o vindeiro 28 de marzo cunha excursión de fin de semana a Asturias. Esta será a primeira das saídas que están previstas para este ano, e que se irán desvelando en cada unha das excursión que se realicen. Deste xeito, os días […]

Reanúdanse os cursos de Informática básica no rural logo das vacacións de Nadal

Logo das vacacións de Nadal, volven os cursos de Informática Básica ao rural de Ponte Caldelas. E farano no lugar de Tourón, onde este venres, de 16.00 a 20.00 horas se celebrará un novo curso para achegar a informática a todos os veciños que se inscribiron previamente. Serán máis de doce persoas as que participen […]

1 2 3 10