A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade convoca os días 23, 24, 25 e 26 de abril os titulares dos terreos afectados polas obras de mellora na estrada PO-234, entre Ponte Caldelas e Laxoso, para o levantamento de actas previas.
Os propietarios das fincas deberán acudir ao Concello de Ponte Caldelas os citados días, entre as 9.30 e as 13.30 horas, segundo as quendas establecidas. No seguinte enlace ao DOG pódese ampliar a información relativa a esta resolución: https://goo.gl/Z72E9u
O proxecto, cun investimento de preto de 650.000 euros, prevé a actuación no tramo de 2,16 km máis próximo á cidade de Pontevedra, que discorre polo Concello de Ponte Caldelas, desde o final da travesía de Ponte Caldelas, no p.q. 0+420, ata a entrada da travesía de Laxoso, no p.q. 2+580.
Esta actuación define a ampliación da calzada, que actualmente ten entre 5 e 5,5 metros, ata acadar un ancho de 7 metros, e pequenas rectificacións de trazado. Ademais executaranse cunetas tendidas de seguridade nos tramos nos que se precisen, aproximadamente nuns 1,6 quilómetros da estrada.
A mellora da seguridade viaria da estrada PO-234 foi dividida en tres fases. A primeira xa foi executada entre Aguasantas e Portasouto, no termo municipal de Cerdedo-Cotobade.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.