A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de activar a alerta laranxa por un temporal costeiro na provincia da Coruña.
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) alerta que espera e de comezo a mediodía do día 20/01/2020 con vento do NE forza 8 entre Fisterra-Sisargas e Intervalos de vento do NE forza 8 entre Sisargas-Bares, con mar Combinada del N o NE de 4 a 5 m. O resto do litoral galego estará en nivel amarelo.
A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes, paseos marítimos. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións .Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.