A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de activar unha alerta laranxa por temporal costeiro nos litorais das provincias da Coruña e Pontevedra
Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), a partir deste tarde dará comezo un fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa que afectará aos litorais da provincia da Coruña e de Pontevedra por mar combinada con ondas entre 5-7 metros e vento de suroeste que poderá chegar a forza 8, principalmente mar adentro en Fisterra e Bares.
A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes e paseos marítimos. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (axega112.gal), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.