A Xunta alerta dun temporal de nivel laranxa costeiro que afectará ao oeste e suroeste da provincia da Coruña a partir deste mediodía

Lémbrase a importancia de manterse afastado da liña de costa, diques, rompentes, praias e paseos marítimos
Publicado por o día 12/10/2018 na sección de Xunta de Galicia,A Coruña,Galicia

A Xunta alerta dun temporal de nivel laranxa costeiro que afectará ao oeste e suroeste da provincia da Coruña a partir deste mediodía

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de activar a alerta laranxa por temporal costeiro e de vento que afectará ao oeste e suroeste da provincia da Coruña a partir deste mediodía.

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a partir das 14 horas de hoxe espérase temporal por mar combinada do oeste e suroeste con ondas que poden acadar os 6 metros e vento do sur-suroeste de forza 7.

A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes, paseos marítimos. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.

Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.++