Aberto o prazo de inscrición para participar no Mercado Sustentable de Nadal

Celebrarase do 5 ao 8 de decembro no Paseo da Corredoira
Publicado por o día 14/11/2019 na sección de Galicia,Tui

Aberto o prazo de inscrición para participar no Mercado Sustentable de Nadal

O Concello de Tui vén de abrir o prazo de inscrición para participar no Mercado Sustentable de Nadal que se vai celebrar no Paseo da Corredoira do 5 ao 8 de decembro. A convocatoria está dirixida a artesáns, produtores e creadores de artigos relacionados co Nadal.

O Mercado Sustentable de Nadal, que forma parte da programación de Nadal, está baseado na sustentabilidade, na economía circular e de proximidade, así coma no respecto ao medio ambiente. O Concello de Tui promove este Mercado Sustentable de Nadal para dinamizar o sector comercial do municipio e a economía local ao servir de atractivo que permita incrementar a afluencia tanto da poboación local coma de visitantes á cidade.

Ofértanse un total de 40 postos de madeira con carpa tipo “jaima” cunha coidada decoración e iluminación.  As persoas interesadas en participar deben cumprimentar a solicitude de participación no enlace  https://forms.gle/9A3yA82DWpPvSpRGA, debendo acompañar fotografías  representativas do produtos que ofertarán.

Pódese ampliar esta información no 630 650 415 ou no correo info@enrede.es.

Comentar noticia

Your email address will not be published.