Aberto o prazo para solicitar praza nas residencias de tempo libre

A CIG dispón de 76 habitacións reservadas en Panxón e O Carballiño
Publicado por o día 28/05/2019 na sección de Sindicatos,CIG

Aberto o prazo para solicitar praza nas residencias de tempo libre

O prazo de inscrición nas Residencias de Tempo Libre de Panxón e O Carballiño, para as que a CIG dispón este ano dun total de 76 habitacións reservadas, comezou o pasado día 25 de maio. O prazo de inscrición é de 10 días hábiles e o procedemento para achegar as solicitudes de praza nas Residencias de Tempo Libre de Panxón-O Carballiño, é por medio do fax 981571082 ou do correo servizoseafiliacion@galizacig.gal

No caso de Panxón, dispoñemos de 38 habitacións:  1  habitación individual, 6 delas de 2 prazas, 5 delas de 3 prazas e 1 habitación de 4 prazas.

No caso do Carballiño, dispoñemos dun total de 38 habitacións: 2 habitacións individuais, 8 delas de 2 prazas e 2 de 4 prazas.

modelo oficial está recollido no DOG nº 28 do 24 de Maio  de 2019, pola Orde do 14 de Maio de 2019 . Podedes descargalo na seguinte ligazón:  https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190524/AnuncioG0425-150519-0001_gl.pdf

Poderán ser destinatarias todas as persoas maiores de idade ou menores, sempre que vaian en compañía dos seus proxenitores ou das súas proxenitoras ou titores ou titoras legais e a distribución de prazas será compartida nun 50% entre a Consellaría de Traballo e Benestar e as centrais sindicais, en razón da súa representatividade.

O servizo de residencia consistirá no aloxamento e mantenza en réxime de pensión completa durante a quenda adxudicada ás persoas beneficiarias.

Cada unidade familiar poderá solicitar estadías para unha única residencia de tempo libre e para unha ou varias quendas. Pero non se admitirán as solicitudes que inclúan persoas que gozaron dalgunha quenda na mesma residencia nalgún dos dous anos anteriores.

Unha vez que a Consellaría de Traballo e Benestar reciba as solicitudes que lle remitiremos desde a CIG, as residencias comunicarán ás persoas adxudicatarias a concesión de prazas, indicando o período que lles correspondeu (hai sete quendas de dez días de duración distribuídas entre o 1 de xullo e o 10 de setembro), as datas de iniciación e remate dos servizos, así como o custo, indicando o tipo de habitación ou habitacións designadas.