A xunta de persoal da Administración Periférica do Estado na provincia de Pontevedra demanda a cobertura de vacantes, “logo dos recortes de persoal dos anteriores Gobernos”, e un reforzo das relacións de postos de traballo acorde coa carga de traballo en organismos como o INSS e o SEPE, que tramitan o Ingreso Mínimo Vital (IMV) […]
A CIG e a CSIF veñen de denunciar publicamente as desigualdades e as presións existentes no seo do cadro de persoal do Concello de Redondela, ao tempo que lembran que levan meses reclamándolle ao Goberno local medidas concretas como a cobertura das baixas, a convocatoria da oferta pública de emprego, o recoñecemento dos traballos realizados […]
A CIG desenvolveu hoxe concentracións nas sete cidades galegas en demanda dunhas pensións públicas dignas e garantidas e dun Sistema Público Galego de Atención ás Persoas. Durante as mobilizacións, convocadas polo Colectivo de Persoas Xubiladas e Pensionistas da central sindical, instouse aos Gobernos español e galego a poñer os coidados no centro das políticas públicas. […]
O 20% dos expedientes que entran nos xulgados do Social de Galiza son da CIG, están escritos en galego e moitos deles conteñen unha solicitude expresa para seren tramitados na nosa lingua. Porén, esta petición raramente é atendida, incumpríndose deste xeito a Lei de Normalización Lingüística e vulnerándose os dereitos lingüísticos das persoas galegofalantes. Isto […]
A FGAMT-CIG vén de anunciar que non descarta convocar folga nos servizos de transporte público interurbano e escolar no caso de que a Xunta non resolva as problemáticas detectadas, sobre todo no que ten que ver coa subrogación do persoal por parte das empresas adxudicatarias e co empeoramento das condicións laborais como consecuencia do previsíbel […]
O desemprego medrou novamente en Galiza no mes de decembro -algo que non ocorría desde 2011, xa que se trata dun mes tradicionalmente positivo para a creación emprego- até acadar as 189.587 persoas desempregadas, 2.115 máis que no mes de novembro (+1,13%), pero 24.279 máis que en decembro de 2019 (un 14,69% máis). O incrementou […]
A sección sindical da CIG en Vitrasa, concesionaria do transporte urbano do Concello de Vigo, acusa a empresa de inacción tras confirmarse un positivo por covid-19. entre o persoal do taller. Denuncian que a dirección non aplicou o protocolo existente, non lle comunicou o caso aos delegados/as de prevención, négase a facer PCR e remite […]
A CIG-Saúde vén de remitir un escrito á Valedora do Pobo solicitando o seu amparo para que se dirixa á Xerencia de Xestión Integrada de Santiago instándoa a que cumpra coa Lei de Liberdade Sindical e facilite o acceso á información e documentación necesaria para que as delegadas e delegados poidan desenvolver a actividade. Considera […]
Traballadores e traballadoras das contratas de Inditex volvéronse mobilizar este martes diante da sede do grupo en Arteixo en rexeitamento á precarización das condicións salariais e laborais que a multinacional pretende impor ás súas auxiliares aproveitándose da emerxencia sanitaria. Este é o caso de SARPEL, empresa que realiza o mantemento eléctrico das instalacións de Inditex […]
As noticias que chegan a través dos medios de comunicación sobre a inmediata posta en marcha do proceso de vacinación fronte ao SARS-CoV-2 espertan, segundo a CIG-Saúde, a preocupación das profesionais, nomeadamente das de Atención Primaria, respecto da planificación e desenvolvemento desta campaña de vacinación, que presenta características diferenciais cos programas de vacinación habituais. A […]
A federación de Saúde da CIG denuncia que as novas fómulas de contratación das que está a botar man o Sergas afondan na precariedade laboral do persoal, nomeadamente no colectivo de enfermaría, que está vendo como aumenta a falta de dereitos coa invención do contrato de continuidade ou o de emerxencia. Lembran que a primeira […]
A CIG-Servizos desenvolveu este venres unha xornada de mobilizacións diante de distintos supermercados de Gadis, Froiz, Eroski e Mercadona da comarca da Coruña para esixir un reforzo dos cadros de persoal e poder afrontar así a “insoportábel sobrecarga de traballo” que se rexistra no sector dende o inicio da pandemia, agravada agora coas vendas do […]
A CIG, CCOO e UGT desenvolveron hoxe protestas en Vigo, Pontevedra e Vilagarcía para reclamar un convenio provincial do metal digno e instar a patronal a retomar as negociacións. As tres centrais manterán unha xuntanza a próxima semana para deseñar un calendario de mobilizacións e consensuar un novo comunicado dirixido ao persoal do sector. As […]
O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Valeriano Martínez e a secretaria nacional da Confederación Intersindical Galega (CIG), Zeltia Burgos, veñen de asinar hoxe en Santiago o acordo para implantar o novo réxime de teletraballo dos empregados públicos na Administración galega. Galicia convértese, así, na primeira comunidade autónoma en adaptarse á normativa de reforma do […]
A CIG-Banca está a intensificar o calendario de protestas para rexeitar os despedimentos e os peches de oficinas que o Banco Santander quere executar co novo ERE. Hoxe desenvolveu concentracións en Vigo e Santiago, mentres que para este sábado día 12 ten convocadas novas mobilizacións na Coruña e Vigo. As protestas teñen lugar mentres a […]
Os responsábeis da empresa Ambulancias do Atlántico, do Grupo Orthem, decidiron retirar o pasado día 16 de novembro a máquina xeradora de ozono coa que se complementan as tarefas de desinfección dos vehículos sanitarios tras a atención e o traslado polo persoal sanitario do 061 dos pacientes con signos de sospeita ou confirmación por Covid-19. […]
A CIG-Industria de Vigo conseguiu a maioría absoluta nas eleccións sindicais que se veñen de celebrar en Veolia, concesionaria do servizo de mantemento do hospital Álvaro Cunqueiro. A central fíxose con 3 dos 5 representantes que se escollían no comité de empresa. Tras o proceso que tivo lugar onte a CIG sitúase como principal forza […]
A FGAMT-CIG retomou onte as mobilizacións co obxectivo de forzar un acordo de venda da conserveira Thenaisie, con centros de traballo no Grove e Mos, e deste xeito evitar a liquidación da empresa. A central desenvolveu unha concentración diante da sede de Garrigues en Vigo, o despacho de avogados que asesora a Scandia Food, o […]
A CIG gañou unha vez máis as eleccións sindicais no hospital Povisa de Vigo. Tras o proceso celebrado onte, a central sitúase de novo como forza con máis representantes no comité ao manter os 6 delegados/as obtidos nas anteriores votacións a pesar de que nesta ocasión foi quen de incrementar o número de apoios recibidos […]
O cadro de persoal de Vitrasa, concesionaria do servizo de transporte urbano do Concello de Vigo, ratificou por ampla maioría na asemblea celebrada este sábado a proposta do comité de convocar folga contra a modificación unilateral da xornada laboral por parte da empresa. Deste xeito, os empregados/as desenvolverán paros parciais durante 11 días do mes […]
Ambulancias do Atlántico, concesionaria do servizo de transporte sanitario programado (non urxente) da área sanitaria sur, vén de emitir unha orde mediante a que obriga os técnicos/as a ter que trasladar pacientes na parte dianteira dos vehículos. Dende a FGAMT-CIG denuncian que esta medida incumpre algúns aspectos da lei de transporte sanitario e contradí a […]
O comité de empresa de Vitrasa, concesionaria do servizo de transporte urbano do Concello de Vigo, rexistrou hoxe diante da Consellaría de Emprego a convocatoria de paros parciais durante 11 días do mes de decembro para rexeitar a decisión da compañía de modificar as condicións de traballo. A medida de presión deberá ser ratificada polo […]
As centrais sindicais levan anos alertando da preocupante falta de persoal no hospital vigués Povisa, problemática que a pandemia da covid non fixo máis que acentuar, impedindo afrontar con garantías a actual crise sanitaria. Ademais, a falta de EPI axeitados e de medidas de seguridade no centro médico está a comprometer a saúde das traballadoras/es, […]
A consellaría de Educación non prevé o aumento de persoal de limpeza nos seus centros educativos. Así o denuncia a CIG-Administración Autonómica, que alerta de que as escolas de Infantil, Primaria, institutos de ESO, Bacharelato, educación especial, escolas oficiais de idiomas, conservatorios e Formación Profesional da Xunta de Galiza “van abrir as portas sen a […]