Estimados amigos e comphas da PahVigo/Tui/BaixoMiño logo de case 5 anos de loita convosco presento a miña demisión irrevocable das miñas funcións na PAH.
Como moitos sabedes fun o fundador da PAH en Tui ante un caso de desafiuzamento que me levou a ver que,asinar unha hipoteca,convertíase para moita xente nunha forma moderna de excravitude.Que os hipotecados somos vítimas dun engano e que non se buscaba o acceso a vivenda,se nón que facilitábase o acceso a un crédito que suporía condear a unha débeda perpetua a moitas persoas. Démonos conta de que o Dereito á vivenda consagrado na nosa Contitución era sistematicamente vulnerado.
A norma estaturia plasmada no documento chamado “Lineas vermellas da PAH” fai incompatible o meu labor como “Vocal de relacións” da PAHVigoTui , Vocal na Coordinadora Galega de Grupos PAH/STOP Desafiuzamentos e tamén das miñas responsabilidades nas Redes Sociais (Blog,Páxina de Facebook e Twitter) coa miña pertenza e militancia nun partido político.
Seguirei na PAH como un máis porque non concibo nada mellor que ser membro da tripulación desta nave,da PAHVigoTUI,que boga cara a unha Galicia sen desafiuzamentos e soña cun Pais onde non exista “Xente sen casas nin casas sen Xente”,así que a seguir remando contra a corrente, que é o meu.
PRENSA A.TELMO PÉREZ / PAH
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.
Una respuesta para "Adolfo Telmo Perez deixa a PAHVigoTui"