A Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) analizou numerosos produtos dispoñibles no mercado en distintos formatos e comprobou que, nalgúns casos, os produtos que se venden en envases máis grandes (ás veces anunciados como “formato aforro”), non son máis vantaxosos no prezo para o consumidor.
Segundo OCU, actualmente é posible atopar, sobre todo nos grandes hipermercados, produtos nos que o prezo do formato grande non só non é máis barato, senón que mesmo pode chegar a ser un 7%, un 14%, un 23% ou, no caso máis extremo dos produtos analizados pola Organización, ata un 82% máis caro que o formato máis pequeno.
Esta denuncia enmárcase na iniciativa #Nocuela, unha proposta coa que OCU quere desmentir e aclarar calquera tipo de información ou rumor falso en materia de consumo. Os usuarios poden colaborar facendo chegar á Organización calquera información dubidosa para que sexa investigada a través do hashtag # nocuela ou do correo electrónico nocuela@ocu.org
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.