Agárdase un empeoramento no mar para os vindeiros días

Publicado por o día 29/01/2019 na sección de Mar

Agárdase un empeoramento no mar para os vindeiros días

Mentres dure o episodio de meteoroloxía adversa por fenómenos costeirosevita aproximarte a diques, rompentes e/ou cantís, xa que unha eventual onda podería arrastrarte. Incluso pode ocasionar danos en vehículos e mobiliario urbano.

En previsión da chegada dun fenómeno adverso costeiro, se tes embarcación comproba que está ben amarrada.

Un fenómeno de meteoroloxía adversa costeiro pode estar composto por vento, mar de vento e/ou mar de fondo. O mar de vento son as ondas que se producen como consecuencia da acción do vento na extensión sobre a que sopla. Pola contra, o mar de fondo refírese ás ondas que se propagan fóra da zona na que se orixinaron e poden chegar a lugares moi alonxados.

Ademais, a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa dun aviso de nivel amarelo por choivas que afectará a franxa atlántica galega, especialmente á provincia de Pontevedra. Polo que:

  • Consulta o estado das estradas antes de realizar calquera desprazamento. Xa sabes que podes facelo dunha forma áxil e sinxela aquí(Ábrese nunha nova xanela)
  • Conduce con precaución e atención aos posibles desprendementos de terra, pólas e restos de árbores que puideran caer ás estradas
  • Se a chuvia che resta visbilidade, abeira o vehículo, sinaliza e agarda a que amaine a situación

Xa sabes que para o que necesites esta o número único 112