Orde do día da asemblea ordinaria que, entre outros puntos como a aprobación das actas, contempla:
– A actualización de imaxe corporativa.
– Renovación directiva.
– Orzamentos.
– Xornada Anual da Confederación.
– Preguntas e suxestións.
Xunto a asemblea ordinaria, desta volta in itinere ( no local da Federación Provincial de ANPAs da Coruña – Costa da Morte) por mor da importancia da información a recibir, grazas á visita de Esther.
Esther é a nai que presentou e gañou o recurso contencioso administrativo no TSXG, que obriga o Goberno galego a indemnizar á familia por non atender adecuadamente un neno con necesidades educativas específicas.
É unha sentenza importante que amosa a falta de interese pola educación da Administración Educativa, ademais o autoritarismo coa que xestionan os nosos recursos. Unha negación permanente da administración en recoñecer as NEAE, propiciada por un sistema que ignora totalmente as opinións de profesionais e das familias.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.