Bamad Galicia ante a abertura dos centros de información na desescalada da crise sanitaria

Publicado por o día 07/05/2020 na sección de Social

Bamad Galicia ante a abertura dos centros de información na desescalada da crise sanitaria

Comunicado da Asociación de Profesionais dos Arquivos, Bibliotecas, Museos e Centros de Documentación de Galicia

Ante a abertura xa realizada de algúns centros de información, como os Arquivos, e as próximas de Museos e Bibliotecas, desde Bamad Galicia queremos valorar a situación coa finalidade de que, desde os centros da memoria, podamos ofrecer o mellor servizo á cidadanía sen poñer en risco a saúde nen do persoal nen dos usuarios e usuarias dos servizos.

1) Opinamos que a abertura dos centros debe ser gradual e non necesariamente abrir todos á vez. Cada institución deberá valorar aqueles que poidan cumprir os requerimentos dados polo Ministerio da Saúde e o comité científico que o asesora.

2) As institucións dos que dependen os centros deben asegurar que o persoal dispón das medidas de protección necesarias para evitar o contaxio entre eles e cos usuarios.

3) Os centros deben ter capacidade para asegurar o distanciamento social entre usuarios, necesario para cumprir as diferentes fases da desescalada, así como facilitar as medidas de hixiene e limpeza necesarias tanto das instalacións como dos documentos.

4) A saúde do persoal e da cidadanía debe estar por encima das presas por abrir os servizos.

5) os servizos poderían nalgúns casos comezar a contar con persoal sen necesariamente abrir ao público.

6) Este tempo de confinamento veu a demostrar que moitos servizos, e moitos documentos e información, poden ser servidos a través do teletraballo e a dixitalización de fondos. Polo que mentres dure a desescalada o teletraballo debe continuar a ser unha ferramenta válida de traballo.

7) Todo o proceso de volta ao traballo para o persoal, e de abertura dos centros para os usuarios, deben contar coa opinión e participación do persoal que traballa nos centros. Así como a participación dos mesmos nos protocolos de seguridade e hixiene que se establezan. Varias asociacións profesionais federadas en Fesabid xa teñen traballado en protocolos para a reabertura dos centros que son bastante similares entre si polo que consideramos que se deben ter en conta á hora de realizar protocolos desde os centros.

Varias asociacións profesionais federadas en Fesabid xa teñen traballado en protocolos para a reabertura dos centros que son bastante similares entre si polo que consideramos que se deben ter en conta á hora de realizar protocolos desde os centros.

Desde Bamad Galicia temos incidido desde o inicio da crise en que se cumpran as medidas de seguridade, saúde e hixiene como indicamos neste comunicado realizado o pasado 13 de marzo. E realizamos propostas para facilitar que desde os servizos de Bibliotecas contribuamos a paliar a crise económica que vai afectar ao sector do libro e da lectura publicado o pasado 22 de abril.

Desde Bamad Galicia temos incidido desde o inicio da crise en que se cumpran as medidas de seguridade, saúde e hixiene como indicamos neste comunicado realizado o pasado 13 de marzo. E realizamos propostas para facilitar que desde os servizos de Bibliotecas contribuamos a paliar a crise económica que vai afectar ao sector do libro e da lectura publicado o pasado 22 de abril.

Agardamos que as institucións que detentan a súa responsabilidade sobre os centros de información: arquivos, bibliotecas e museos, asuman que a seguridade do persoal e dos usuarios é o primeiro a ter en conta ante a abertura dos servizos e que nos protocolos de actuación se conte cos profesionais que traballan nos servizos.

Tamén somos conscientes de que os nosos servizos son esenciais para unha sociedade con saúde cultural e democrática polo que, como profesionais, aportaremos o mellor de nós para ofrecer servizos de calidade ante a nova realidade: 10 pasos para afrontar a situación provocada pola COVID-19