Ao longo do mes de marzo, abril, e maio, o alcalde de Bueu, D. Félix Juncal Novas, manterá unha serie de reunións nos diversos lugares para informar sobre dous dos grandes proxectos do goberno local: o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), que xa está en vigor, e a piscina municipal, que despois de tantos anos, pronto será unha realidade.
Co obxectivo de manter informadas a todas as persoas do municipio, as xuntanzas celebraranse nas datas e lugares que se detallan a continuación:
22.03.2018, 20.00 h | Casa da Aldea de Meiro |
05.04.2018, 20.00 h | Aula de Interpretación de Agrelo |
12.04.2018, 20.00 h | Casa do Pobo de Beluso |
19.04.2018, 20.00 h | Escola Unitaria de Cabalo |
26.04.2018, 20.00 h | Centro Sociocultural de Cela |
03.05.2018, 20.00 h | Auditorio IES Johán Carballeira |
10.05.2018, 20.00 h | Centro Social do Mar de Bueu |
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.