🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Félix Juncal, alcalde de Bueu, e Silvia Carballo, concelleira de promoción económica e turismo, mantiveron este luns unha reunión con Rodrigo Pastoriza, xerente da Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo, e Pablo Pazos, presidente da Asociación de Empresarios de Castiñeiras. Na xuntanza, os representantes do sector empresarial expuxeron as súas demandas sobre melloras a […]

O Concello de Bueu constrúe un novo foso na Nave de Deportes Náuticos de Pescadoira

O Concello de Bueu promove a construción dun novo foso na Nave de Deportes Náuticos de Pescadoira, que servirá para a súa utilización por parte do Club do Mar Bueu – Teccarsa. Os traballos estaos acometendo a empresa Iraqua Piscinas e contan cun orzamento que supera os 20.000 euros, e que se financian con cargo […]

La Guardia Civil se ha incautado de una partida de ropa, supuestamente falsificado, en el mercadillo ambulante de Bueu. Los hechos sucedieron el pasado lunes en el transcurso de un dispositivo especial establecido al efecto por la Patrulla Fiscal y de Fronteras de la Guardia Civil de Marín, para inspeccionar, en el ámbito de sus […]

O alcalde de Bueu apela á responsabilidade cidadá para continuar coa baixa de casos por Covid-19

Félix Juncal, alcalde de Bueu, participou este xoves, 21 de xaneiro, na reunión telemática convocada pola Consellería de Sanidade co fin de valorar a evolución epidemiolóxica da Covid-19, debido a que o concello se atopa dende comezos de decembro en alerta máxima. Na xuntanza tamén estiveron os alcaldes e alcaldesas dos municipios de Pontevedra, Poio, […]

A Xunta recibe ofertas de 13 empresas para executar unha senda na estrada PO-551 entre Trasouto e o Alto da Portela, en Bueu, que suporá un investimento autonómico de 643.000 euros

A Xunta vén de recibir ofertas dun total de 13 empresas para executar as obras dunha senda na estrada PO-551, entre Trasouto e o Alto da Portela, no concello de Bueu, licitada por un importe de preto de 643.000 euros Esta obra da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, que conta cun prazo de execución de […]

A Consellería de Política Social vén de aumentar o investimento no Servizo de Axuda no Fogar (SAF) para a atención de persoas dependentes en toda a comunidade, a partires deste mesmo ano, en 10 millóns de euros. Ao abeiro desta medida, o Concello de Pontevedra vai recibir o segundo maior incremento de toda a provincia, […]

O Concello de Bueu suspende os actos presenciais do Entroido 2021 e propón unha exposición virtual

O Concello de Bueu decidiu suspender o Entroido 2021 debido á situación da Covid-19 e ao nivel de alerta máxima no que se atopa o municipio. Así llo comunicou Silvia Carballo, concelleira de promoción económica e turismo, ao Comité de Entroido, no que están representadas as comparsas da vila, as anpas e outros axentes colaboradores […]

Bueu compostou en 2020 máis de 100.528 quilogramos que supuxeron a eliminación de 77.295 quilogramos de emisións de dióxido de carbono á atmosfera

O departamento de Medio Ambiente fixo balance do tratamento de biorresiduos que leva a cabo na vila por medio da compostaxe e da recollida de aceites. No ano 2020 recolléronse un total de 107.498,5 quilogramos entre os composteiros colectivos e os individuais. O responsable da área, Xosé Leal, destaca que unha vez analizados os datos […]

Félix Juncal, alcalde de Bueu, participou este xoves, 14 de xaneiro, na reunión telemática convocada pola Consellería de Sanidade co fin de valorar a evolución epidemiolóxica da Covid-19, debido a que o concello se atopa dende hai varias semanas en nivel de alerta máxima. Na xuntanza, na que tamén estiveron os alcaldes e alcaldesas dos […]

O Concello de Bueu e o Club do Mar Bueu – Teccarsa decidiron cancelar a VI Regata de Traiñeiras Memorial Pepe O Ruso que se ía celebrar este domingo pola mañá. A decisión vén motivada polas novas restricións establecidas pola Xunta de Galicia ante o aumento de casos de Covid-19 na comunidade. Así, e por […]

A Xunta destaca en Bueu a especialización dos mozos galegos como unha das claves para avanzar cara a Industria 4.0

O director do Igape, Juan Cividanes, destacou hoxe en Bueu, durante a visita ás instalacións da compañía Corvus Belli, que a especialización profesional dos mozos e mozas de Galicia é unha das claves para avanzar cara a Industria 4.0, sinalando que a empresa pontevedresa é unha das pemes que están a desenvolver proxectos de mellora […]

O Concello de Bueu convoca a Mesa da Sanidade para o próximo luns

O Concello de Bueu acollerá o próximo luns, 27 de xaneiro, a Mesa da Sanidade, na que estarán representados os voceiros dos grupos municipais, representantes do Centro de Saúde e as asociacións veciñais da vila e á que está confirmado que asista o xerente da EOXI Pontevedra – Salnés, José Ramón Gómez Fernández. Nesta mesa, […]

O Concello de Bueu culmina este venres os encontros sectoriais para a elaboración do Plan de Mobilidade

Estas dúas últimas semanas, o Concello de Bueu está recabando as suxestións e propostas da cidadanía e dos principais colectivos e sectores da vila, necesarias para a elaboración do Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) que se aprobará no mes de marzo e que significará a planificación das accións para os próximos anos en materia […]

O Concello de Bueu continúa este ano cos obradoiros de memoria para maiores, un proxecto que se insire no marco do fomento de políticas sociais activas. Dende o Departamento de Benestar Social anuncian que o prazo de inscrición estará aberto do 15 ao 31 de xaneiro, e as persoas interesadas deberán entregar a solicitude no […]

O programa de San Martiño trae á vila catro días con actividades variadas

O Concello de Bueu pecha o seu programa de festas populares coa celebración do San Martiño que, seguindo a dinámica do proxecto das Freguifestas que se levou a cabo nas parroquias, contará cunha programación pensada para todos os públicos desde o 8 ata o 11 de novembro. Audiovisual, xogos tradicionais para toda a familia, deporte, […]

O DOG publica a aprobación do proxecto de construción dunha senda na estrada autonómica PO-551, no tramo que conecta Trasouto e o Alto da Portela, en Bueu

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publica hoxe no Diario Oficial de Galicia o anuncio polo que se fai pública a resolución pola que se aproba o expediente de información pública e o proxecto de construción para a execución dunha senda na estrada PO-551, entre Trasouto e o Alto da Portela, en Bueu. Esta actuación […]

Aberto o prazo para inscribirse nas clases de ximnasia do Concello de Bueu

A concellaría de deportes de Bueu ten aberto o prazo para inscribirse nas clases de ximnasia que se desenvolven durante todo o ano no marco do programa “Bueu Saudable”, que se puxo en marcha no 2008 coa finalidade de garantir a adquisición e a mellora de hábitos de vida saudables, entre toda a poboación, cunha […]

El fracaso de la evaluación de impacto ambiental en infraestructuras viales: estudio del caso del Corredor del Morrazo y Puente de Rande (Pontevedra, Galicia)

Por José Antonio Sotelo Navalpotro | María Sotelo Pérez Resumen En los procesos de interrelación entre los denominados modelos de desarrollo regional con el medio ambiente, surgen nuevos enfoques, con el objeto de adaptarse a una realidad compleja y, sobre todo, cambiante, donde los riesgos antrópicos cobran una mayor relevancia. En territorios como el de las […]

Jazz, reggae e pop nos concertos do FICBUEU

A música ao vivo terá un destacado papel no programa do 12º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (FICBUEU), que se celebra entre o 6 e o 14 de setembro. Os directos estarán encabezadas polo artista barcelonés Enric Montefusco, para cuxo concerto xa se poden adquirir as entradas na web do FICBUEU. No entanto, a […]

Os ‘segredos’ da compostaxe, mañá en Cangas da man das Xornadas Etnográficas do Morrazo

As mestras composteiras do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra estarán mañá venres en Cangas para explicar os segredos da compostaxe, un dos modelos para xestionar os residuos domésticos ambientalmente máis sostible, e animar á veciñanza a que composte o seu lixo orgánico e colabore co medio ambiente. O persoal técnico amosará o fácil que é compostar […]

O IV Cross Cabo Udra celébrase o 16 de xuño e inclúe carreiras e andaina

Natureza, deporte e lecer confluirán o vindeiro 16 de xuño no IV Cross de Cabo Udra, organizado nesta edición pola Agrupación Deportiva de Fútbol Sala Bueu, o CEIP Montemogos, o Club de Atletismo Corredoiras e o Concello de Bueu. “Buscaremos que todas as persoas estean representadas, desde os máis pequenos ata os maiores”, declarou Marcos Torres, […]

A Xunta publica no DOG o cambio de titularidade a prol do Concello de Bueu do treito da vía provincial que coincide coa rúa Ramón Bares

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publica hoxe no  (DOG) a aprobación do cambio de titularidade a prol do Concello de Bueu do treito do viario provincial EP-1310, e que coincide coa rúa municipal Rúa Ramón Bares. No seguinte enlace ao DOG pode consultarse a información:  O concello pontevedrés solicitou á deputación provincial a transferencia deste […]

Aberto o prazo de inscrición para a ‘Ruta das Tapas Cinco Estrelas’

A concellaría de promoción económica de Bueu e o Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (FICBUEU) organizan por cuarto ano consecutivo a Ruta das Tapas 5 Estrelas, cuxo prazo de inscrición para os establecementos que queiran adherirse se estende desde este xoves, 30 de maio, ata o 30 de xuño. Segundo a comunicación da concelleira da área, […]

O Concello de Bueu continúa co programa de apoio psicolóxico a menores

Dende o Departamento de Benestar Social do Concello de Bueu desenvólvese un ano máis o servizo de atención psicolóxica á/ao menor, subvencionado polo Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020 da Xunta de Galicia. Este servizo estará dispoñible outubro, e con el actuarase en tres ámbitos: educación e apoio familiar, reforzo socioeducativo para menores, e formación adaptada. Así, fomentarase a adquisición de competencias e habilidades […]

Bueu acolle este sábado a I Carreira e Andaina pola Diabete

O Concello de Bueu e a Asociación da Banda do Río organizan o vindeiro sábado, 23 de marzo, unha carreira e andaina solidarias para recadar fondos a favor da Fundación Diabetes Cero. As inscricións para a carreira de cinco quilómetros (cun custe de 6.00 €) poderán facerse a través da web www.galitiming.com ata este xoves e o mesmo día. Así mesmo, […]

O Concello de Bueu continúa apostando pola educación como eixe de cambio de cara ao Día das Mulleres

A concellaría de igualdade de Bueu, dirixida por Ana Isabel Otero Pastoriza, xa ten lista a programación especial para o 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, na que ten un papel salientable o alumnado dos centros educativos da vila, tal e como se vén facendo nos últimos anos. De aí que se convocasen dous concursos sobre […]

Preto de oitenta traballos concorren aos Premios Johán Carballeira

Tras o peche do prazo para o envío de orixinais, o xurado dos Premios Johán Carballeira do Concello de Bueu terán que decidir os gañadores/as entre os cincuenta e oito presentados na categoría de poesía e os vinte da de xornalismo. Esas son as cifras desta edición que demostran, unha vez máis, que o certame […]

O Concello de Bueu presenta o I Plan de Igualdade Intercentros

O I Plan de Igualdade Intercentros (2019-2022) de Bueu é xa unha realidade, e por iso os centros educativos e o Centro de Información ás Mulleres apostarán por levar a cabo accións conxuntas e programadas a fin de fomentar a igualdade. Con este motivo iniciou a súa andadura este luns no salón de plenos da […]

O Concello de Bueu comeza o 5 de febreiro os obradoiros de memoria para maiores

O Concello de Bueu organiza un ano máis os obradoiros de memoria para persoas maiores que se iniciarán o 5 de febreiro. Nesta edición están programados catro grupos: no Centro Social do Mar os luns e mércores de 10 a 11.30 ou os martes e xoves de 10 a 11.30 h; e na Casa do […]

Aberto o prazo para participar no Concurso de Carteis do Entroido 2019 en Bueu

O Concello de Bueu vén de abrir o prazo para participar no concurso de carteis  Entroido, tras a publicación do extracto no Boletín Oficial da Provincia (BOPPO) deste venres, 25 de xaneiro. No certame poderán participar todas as persoas maiores de 16 anos cun máximo de tres obras orixinais e inéditas, e cuxo gañador/a será […]

Aberto o prazo para a inscrición nos Premios do Entroido 2019 en Bueu

O Concello de Bueu vén de abrir o prazo para participar nos premios do Entroido, tras a publicación dos extractos no Boletín Oficial da Provincia (BOPPO) deste venres, 25 de xaneiro. Segundo establecen as bases, o prazo de inscrición esténdese ata o 28 de febreiro. Os premios repartirán 6000 euros entre todas as categorías participantes tanto no Enterriño […]

Últimos días para presentarse aos Premios Johán Carballeira de Poesía e Xornalismo

O Concello de Bueu afronta xa a recta final do prazo de presentación dos traballos para os Premios Johán Carballeira de Poesía e Xornalismo, cuxa data límite é o 31 deste mes. As persoas que desexen participar poderán facelo a través de dúas formas: ou mediante o envío do traballo en papel ou en formato […]

Bueu acolle este domingo a IV Regata de Traiñeiras Pepe O Ruso

Tras o éxito das tres primeiras edicións, o Club do Mar de Bueu, coa colaboración do Concello de Bueu, organiza este domingo, 20 de xaneiro, o IV Memorial Pepe o Ruso, unha regata a contrarreloxo na que participarán un total de 27 embarcacións. Así o apuntaron os membros da directiva do club, Rosa María Carballo e Javier Pazos, […]

O Concello de Bueu contratará a 28 persoas no marco do Plan de Emprego da Deputación

O Concello de Bueu contratará este ano vinte e oito persoas no marco do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos municipais 2019 da Deputación de Pontevedra. Concretamente serán quince peóns de limpeza, catro peóns forestais, un oficial de albañilería, un oficial electricista, un oficial condutor, dous oficiais de xardinería e catro auxiliares administrativos. […]

O FICBUEU abre o prazo de presentación de curtas para a súa duodécima edición

A asociación FICBUEU ten aberto o prazo para presentar obras ao 12º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (Pontevedra), que se desenvolverá entre o 6 e o 14 de setembro co apoio do Concello de Bueu, entre outras administracións e entidades. As bases prevén un total de oito seccións, unha delas para filmes experimentais. Ata o 15 de abril permanecerá aberto […]

As clases de ximnasia e Pilates comezarán o próximo luns

A concellaría de deportes de Bueu porá en marcha o próximo luns, 22 de outubro, as clases das ximnasias municipais e de Pilates, nas que están inscritas máis de cincocentas persoas. Estas actividades insírense no programa “Bueu Concello Saudable”, que foi posto en marcha no ano 2008 coa finalidade de garantir a adquisición e a […]

O Concello de Bueu recibe a aprobación do proxecto modificado das obras de rehabilitación do Estaleiro da Banda do Río

“Estimo que o proxecto modificado de referencia é coherente coa solución proposta de intervención autorizada no seu día pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Os cambios introducidos, xustificados e coherentes cos valores culturais existentes non presentan problemas conceptuais que impidan a súa autorización. Estes cambios non supoñen alteracións ou variacións substanciais que afecten […]

Música e cine comprometido para inaugurar o 11º Festival Internacional de Curtas de Bueu

O 11º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu abrirase este venres, 7 de setembro, cun gran acto de inauguración no que se estrearán as curtametraxes realizadas no marco da Área Social do FICBUEU, apoiada pola Obra Social ’la Caixa’. O evento, no que intervirán os colectivos participantes, contará coa presenza dalgúns dos actores e actrices […]

O Concello de Bueu abre o prazo para presentar propostas ao Regulamento de Voluntariado

O Concello de Bueu traballa actualmente nas propostas de consulta pública de cara á creación de novos regulamentos e ordenanzas e na actualización dalgúns que quedaran obsoletos. Así, no Taboleiro de Anuncios da Sede Electrónica publicouse esta semana un anuncio para que as persoas que o desexen poidan presentar propostas previas á elaboración e aprobación do […]

O Concello de Bueu organiza o 23 de setembro un mercado sobre o mar

O Concello de Bueu, coa colaboración da Asociación Veciñal da Banda do Río, organiza o vindeiro 23 de setembro un mercado mariñeiro no barrio da Banda do Río, co obxectivo de dinamizar este espazo. Por iso, e de cara á organización dos diversos postos de venda, desde a concellaría de promoción económica faise un chamamento […]