🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

O Concello de Bueu organiza o 23 de setembro un mercado sobre o mar

O Concello de Bueu, coa colaboración da Asociación Veciñal da Banda do Río, organiza o vindeiro 23 de setembro un mercado mariñeiro no barrio da Banda do Río, co obxectivo de dinamizar este espazo. Por iso, e de cara á organización dos diversos postos de venda, desde a concellaría de promoción económica faise un chamamento […]

O alcalde de Bueu coñece un proxecto de investigación patrimonial do CEIP A Torre de Cela

O Auditorio do Centro do Mar converteuse este xoves nunha mesa de traballo na que unha vintena de rapaces e rapazas de 5º de primaria do colexio bueués de A Torre de Cela presentaron un proxecto de investigación cooperativo sobre o patrimonio desta parroquia. Neste acto, no que estiveron presentes o alcalde da vila, Félix […]

O Concello de Bueu abre o prazo para a solicitude de fogueiras de San Xoán e San Pedro

O Concello de Bueu abre o prazo para solicitar fogueiras para as noites de San Xoán (24 de xuño) e San Pedro (29 de xuño). Así, e tal e como se recolle no Bando da Alcaldía, as persoas que desexen realizar cacharelas nestas noites máxicas, tanto en terreo público como privado, deberán entregar no Rexistro […]

Os centros educativos teñen ata o 15 de xuño para presentar curtametraxes ao FICBUEU

Ata o 15 de xuño permanece aberto o prazo para presentar obras á Sección Escolas Galegas do Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu. As bases, dispoñibles na web do certame, establecen tres categorías: unha para traballos realizados en centros de formación profesional e facultades, outra para institutos e unha terceira para educación especial, infantil e primaria. A […]

Bueu acolle a 3ª edición do Enxebre Swing Festival, que se celebrará do 17 ao 20 de maio

O municipio de Bueu será o escenario da 3ª edición do Enxebre Swing Festival, un festival dedicado á música e aos bailes swing que se celebrará do 17 ao 20 de maio en varias localizacións da vila. Así o salientaron os organizadores de Swing On School, Jorge Patiño, Laura Rosales e Elena Branco, e o […]

Praza oficial electricista no concello de Bueu: Lugar, data e hora realización proba teórica

Anuncio Praza oficial electricista: Lugar, data e hora realización proba teórica PDF-OFICIAL ELECTRICISTA ANUNCIO DATA EXAMEN OFICIAL ELECTRICISTA(1)

Bando da alcaldía: reunións informativas sobre PXOM e piscina municipal

Ao longo do mes de marzo, abril, e maio, o alcalde de Bueu, D. Félix Juncal Novas, manterá unha serie de reunións nos diversos lugares para informar sobre dous dos grandes proxectos do goberno local: o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), que xa está en vigor, e a piscina municipal, que despois de tantos anos, pronto […]

Convocatoria reunión Ruta das Tapas 5 Estrelas

Dende o Concellaría de Promoción Económica de Bueu, en colaboración co Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (FICBUEU), estamos organizando a 3ª edición da ruta “Tapas 5 estrelas” e por iso convidamos a todos os establecementos hostaleiros a participar. Ao igual que o ano pasado, os participantes poderán obter un cupón con cinco estrelas en […]

O Concello de Bueu presenta ao público unha nova páxina web (www.concellodebueu.gal) que substitúe a anterior e na que destaca a inclusión do dominio .gal, unha xerarquía clara e intuitiva, un impacto visual, a interacción, a adaptación a todos os soportes de lectura e o incremento dos elementos visuais. O obxectivo desta nova web de […]

O luns celébrase en Bueu unha xornada de difusión sobre as axudas LEADER 2014-2020

O Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra- Morrazo vai celebrar unha xornada de difusión sobre as Axudas Leader 2014-2020: anualidades 2018/19 o luns 19 de febreiro, ás 19.00 horas, no Centro de Benestar Social de Bueu. Nesta xuntanza falarase da tipoloxía de proxectos e investimentos subvencionables, dos requisitos, baremo etc, necesarios para ser beneficiario das axudas […]