Tras o peche do prazo para o envío de orixinais, o xurado dos Premios Johán Carballeira do Concello de Bueu terán que decidir os gañadores/as entre os cincuenta e oito presentados na categoría de poesía e os vinte da de xornalismo. Esas son as cifras desta edición que demostran, unha vez máis, que o certame é todo un referente a nivel galego. Así, durante as próximas semanas, o xurado revisará os traballos para que o gañador/a poida facerse cun premio de 1.500 € en ambas categorías, amais da publicación do poemario gañador por parte da editorial Xerais.
Estes premios, que naceron coma unha homenaxe ao político, poeta e xornalista bueués, Juan Gómez de la Cueva, máis coñecido como Johán Carballeira, tivo como gañadores na pasada edición a Daniel Asorey co poemario “Transmatria”, e na categoría de xornalismo, o galardón recaeu en Moncho Iglesias Míguez, coa reportaxe Corea do Norte: a vida dese outro lado.
O certame, que xa conta con moita historia, ten galardoado na categoría de xornalismo a persoas como Francisco Seoane Pérez, Óscar Curros Moure, Moncho Paz, Cristian López Iglesias ou Arturo Sánchez Cidrás, Antón Lopo, entre outros; e na categoría de poesía, a poetas tan recoñecidos como Xosé Carlos Caneiro, Yolanda Castaño, Xurxo Alonso, Mario Regueira, Berta Dávila, María Carmen Caramés, Ismael Ramos, Pura Tejelo, María Reimóndez…
Traballos XVI Premio Johán Carballeira de Xornalismo
Traballos XXII Premio Johán Carballeira de Poesía
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.