Captan unhas londras rebuldando no río lagares de Vigo

Publicado por o día 01/01/2021 na sección de Galicia,Vigo

Captan unhas londras rebuldando no río lagares de Vigo

Un veciño, Alberto A. Lugrís, conseguiu “capturar” coa cámara do seu móbil a unha parella de londras no día de hoxe tras unha volta en bicicleta. O vídeo que compartiu no seu twitter mostra a dous exemplares que nadan xuntas: “As vin por vez primeira en agosto, río arriba, despois do parque de Castrelos”, afirmou.

“Despois vinas no comezo do paseo á beira do estadio de Balaídos, pero non levaba o móbil… Iso debeu ser a finais de outubro. Habia máis xente e ruído de tráfico e non se asustaron. Estiveron a xogar un bo cacho”, nos comentou a noticiasvigo.es.

“Hoxe estiven uns quince minutos observándoas. Había ruído de tráfico, máis xente paseando e correndo… pero seguían ao seu”, dixo Alberto.

Pero a pesar diso, o seu tramo final, desde Florida ata a desembocadura, converteuse nun corredor ecolóxico e xa permite a chegada de londras e garzas.

A pesar de todo desde a asociación ecoloxista Adega puntualizan que é un dos ríos que conta con máis impactos negativos de toda Galicia en distintos parámetros de saúde ambiental.

As imaxes foron captadas un pouco máis abaixo das pistas de atletismo, pero tamén se teñen visto na zona do estadio e río arriba despois de Castrelos.

Vídeo vía O Alberto A. Lugrís [@alugris]