COMUNICADO de apoio á campaña #Metoo e ao Movemento Feminista Francés

Por o 12/01/2018 | Sección: Colectivos Feministas,Social
COMUNICADO de apoio á campaña #Metoo e ao Movemento Feminista Francés
A Plataforma Feminista Galega apoia a mensaxe dada por Caroline de Haas e todo o movemento feminista que o respalda, como resposta ás provocacións patriarcais do manifesto asinado por Catherine Deneuve un colectivo de mulleres intelectuais francesas, a favor dunha interpretación da campaña #Metoo como un exercicio de puritanismo por parte do movemento feminista que apoia a mencionada campaña.

Unha interpretación que ampara aos Terrorismos Machistas trasladando os límites da seducción aos do acoso, normalizando condutas que tradicionalmente ningunean, cosifican e anulan ás mulleres como complementos secundarios da estrutura patriarcal. Xulgar, por outra banda, ao Movemento Feminista de “puritanismo” na súa loita, é unha visión duns niveis de ridiculez, torpeza e distorsión machista, que soamente poden comprenderse apartires da raíz patriarcal da que xurden.

Dende a PFG, dicimos SÍ a #Metoo e máis rexeitamos completamente as accións machistas de mulleres, mesmo oprimidas no sistema machista patriarcal que as somete, ainda que non sexan quen de recoñecelo, contribuindo asé a alimentar o patriarcado e a súa propia opresión.

Contra os Terrorismos Machistas, #SUMA a prol de accións de COEDUCACIÓN.

https://mobile.francetvinfo.fr/societe/droits-des-femmes/tribune-les-porcs-et-leurs-allie-e-s-ont-raison-de-sinquieter-caroline-de-haas-et-des-militantes-feministes-repondent-a-la-tribune-publiee-dans-le-monde_2553497.html#xtref=acc_dir

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.