Comunicado
Estimadas compañeiras,
Vimos de escoitar e ler declaracións mediáticas constantes nas que o concello de Vigo e concelleira de Benestar e alcalde, desmárcanse das competencias en vivenda e servizos sociais alegando que non teñen capacidade de atender estas problemáticas porque non lle corresponden.
Queremos desmentir esta información mediante un acto colectivo no que repetiremos cada un de nós, o artigo da Lei que faculta a esta administración a actuar nestes eidos, amáis confrontar as constantes atribucións locais de prestar unhas axudas antidespexos extraordinarias cando a realidade das mesmas é que son un instrumento insuficiente, puntual e testimonial que non está a paliar a problemática gravísima da cidade.
Acudide coas compas da RSP Vigo e Os Ninguéns a facer contradiscurso e a esixir que este concello tan rico, con superávit millonario, encárguese por fin das persoas dende a primeira porta cidadá e non use este xogo competencial a diario para eludir a súa parte (compartida) de responsabilidade social!
A Lei reguladora de bases de Réxime Local, art 25, punto 1:
*O municipio, para a xestión dos seus intereses e no ámbito das súas competencias, pode promover actividades e prestar os servicios públicos que contribúan a satisfacer as necesides e aspiraciones da comunidade veciñal nos termos:
2. O municipio exercerá como competencias PROPIAS as seguintes materias:
a) Urbanismo: Promoción e xestión da vivenda de protección pública con criterios de sostenibilidade financeira.
e) EVALUACIÓN E INFORMACIÓN DE SITUACIONES DE NECESIDADE SOCIAL E ATENCIÓN INMEDIATA A PERSOAS EN SITUACIÓN O RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL.
Vinde todas o 19 de setembro ás 11:00h da mañá á Dinoseta!
Cartaz
As declaracións
https://www.facebook.com/noticiasvigo/videos/1903969886372124/
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.
Una respuesta para "Convocan no Concello de Vigo unha concentración baixo o eslogan “O concello SÍ ten competencia en Vivenda e Servizos Sociais!”"