Recompensar a traxectoria e incentivar o alumnado que inicia os estudos de doutoramento este curso 2019-2020 son os obxectivos dos 36 premios outorgados á excelencia académica pola Escola Internacional de Doutoramento (EIDO) da Universidade de Vigo. Os galardóns distribuiranse segundo o número de estudantes matriculados en cada programa . Así, aos que acaden entre tres e 12 persoas de nova matrícula outorgaráselles un premio. Aos que acaden entre 13 e 22 dous, incrementando un máis por cada dez persoas. No caso de ter algún grupo de tres ou menos persoas, estas tamén serán galardoadas con un. A contía de cada premio será de 250€ ata acadar os 900€ de orzamento cos que conta a convocatoria.
Os requisitos indispensables para participar nesta convocatoria son estar matriculado por primeira vez en estudos de doutoramento e obter unha nota media concreta que se calculará segundo as bases dos premios. As solicitudes deberán facerse online con data límite o 31 de outubro de 2019 e unha vez presentadas serán avaliadas por unha comisión na que Antonio Pino García, director da Escola Internacional de Doutoramento exercerá como presidente.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.