Curso de Auto Defensa para Mulleres en novembro no Pavillón Óscar Pereiro

Será Impartido por monitores especialistas da Federación Galega de Loita e pertencentes ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado
Publicado por o día 10/09/2019 na sección de Galicia,Mos

Curso de Auto Defensa para Mulleres en novembro no Pavillón Óscar Pereiro

O Concello e o CIM (Centro de Información á Muller) de Mos organizan un Curso de Auto Defensa para Mulleres ante Situacións Violentas que será impartido por monitores especialistas da Federación Galega de Loita e pertencentes ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado durante os días 19 e 21 de novembro en horario de 16.00 horas a 20.00 horas.
O curso terá lugar no Pavillón Óscar Pereiro e a inscrición para participar nel deberá de formalizarse no Rexistro Xeral do Concello ou a través da sede electrónica municipal na web www.mos.es