- Organiza: Sociedade Galega de Historia Natural-OURENSE.
- Colaboran: Ateneo de Ourense e Universidade de Vigo (Campus de Ourense).
- Poñentes: Antonio Ferreirós, Isabel Álvarez, Laura Iglesias, Marcos Freán.
- Obxectivos:
- Acostumbrarse ao manexo de prismáticos e guías de identificación de aves.
- Identificar as especies de aves comúns, con preponderancia nas acuáticas.
- Coñecer aspectos básicos da bioloxía e morfoloxía das aves.
- Participantes:
- Mínimo de 10 e máximo de 25 persoas, anotadas por orde de recepción da solicitude no correo electrónico ourense@sghn.org
- Aberta ao público en xeral
- Prazo para a inscripción: ata o 26/09/2019.
- Desenvolvemento previsto:
- 13/09/19 ás 19:30h.: Charla/Conferencia: VAI DE AVES, sobre Aves en xeral e particularmente de Ourense, incluíndo a presentación oficial do curso. Vai ser aberta a todo o público e celebrarase no Edificio Marcos Valcárcel por xentileza do Ateneo de Ourense.
- 27/09/19 ás 19:00: Sesión teórico-práctica en sala cedida polo Campus de Ourense.
- 28/09/19: Saída de campo matutina no entorno da cidade de Ourense.
- 18/10/19 ás 19:00: Sesión teórico-práctica en sala cedida polo Campus de Ourense.
- 19/10/19: Saída de campo matutina no entorno da cidade de Ourense.
- 15/11/19 ás 19:00: Sesión teórico-práctica en sala cedida polo Campus de Ourense.
- 16/11/19: Saída de campo matutina no entorno da cidade de Ourense.
- 13/12/19 ás 19:00: Sesión teórico-práctica en sala cedida polo Campus de Ourense, con especial atención aos censos de aves acuáticas.
- 14/12/19: Saída de campo para censar aves acuáticas.
Opcionalmente poderían organizarse cós participantes saídas de práctica de campo a distintos lugares da provincia ou de Galicia.
Durante o mes de xaneiro de 2020 celebraranse, como cada ano desde 1975, os censos internacionais de aves acuáticas invernantes; os participantes que o desexen poderán incorporarse aos grupos de censadores poñendo a proba os coñecementos adquiridos, complementando a formación práctica.
- Custe:
- Socios SGHN: 50 EUR
- Non socios SGHN: 80 EUR
Os cartos destinaranse aos traballos de restauración de hábitats que SGHN está a desenvolver na Limia.
NOTAS: A organización non cubre os custes de desprazamento nin os gastos que conleven a asistencia dos participantes ao curso e ás prácticas e saídas de campo. Contarase con material diverso e algunhas guías de aves, sendo recomendable que os participantes aporten o seu propio material.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.