O coche da moza do municipio lucense de Barreiros de 22 anos, que permanece desaparecida desde o pasado xoves, foi localizado “perfectamente” estacionado nas inmediacións da Estación de Autobuses de Lugo. Así o confirmou o subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, quen asegurou que “ata o sábado non había denuncia e presentouse ese día na Comisaría da Policía Nacional (de Lugo) por parte do pai” da nova.
Carballo asegurou que “se localizou o vehículo, que estaba perfectamente estacionado, na Estación de Autobuses” e puntualizou que “todo apunta, polo que manifestou a familia, que pode ser unha marcha voluntaria, aínda que non se descartan outras posibilidades”.
“Todo apunta a unha marcha voluntaria porque mantiña contacto con algunha persoa do Mediterráneo (outras fontes sitúan eses contactos cunha persoa de Valencia), onde pode ter unha relación e puido marchar a ver a esa persoa”, manifestou o subdelegado.
A Policía Nacional realiza “investigacións”, matizou, para localizar á moza mariñá, coa revisión de “móbiles e redes sociais”. Achan xunto á Estación de Autobuses de Lugo o coche da moza de Barreiros desaparecida
Aínda que a principal hipótese apunta a unha “marcha voluntaria”, o subdelegado do Goberno en Lugo matiza que “hai unha denuncia por desaparición e, por tanto, a Policía está a atar todos os cabos, para comprobar que non se foi en contra da súa vontade”.
#Barreiros #Lugo #desaparecida @sosdesaparecido @112Galicia @GuardiaCivil
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.