Dezaseis compañías actuarán na tempada de outono do Auditorio do Concello

Dezaseis compañías, nove delas galegas, actuarán no Auditorio do Concello dentro da programación municipal de Artes Escénicas de outono VigoCultura. “Vigo liberouse de complexos e somos unha fábrica de xerar cultura”, asegurou Caballero, que lembra que o ano pasado houbo 40.000 asistentes e máis de 275 actividades.
Publicado por o día 13/09/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Dezaseis compañías actuarán na tempada de outono do Auditorio do Concello

A presentación, que estivo presidida polo alcalde e polo concelleiro de cultura, Cayetano Rodríguez, na Praza do Rei, comezou cunha divertida representación de Doutor Milagre. “Vigo liberouse de complexos e somos unha fábrica dexerar cultura”, asegurou Caballero, que lembrou que o ano pasado houbo 40.000 asistentes e máis de 275 actividades nesta programación municipal.

O concello financia estas actividades con 90.000 euros cada trimestre e, destacou o alcalde, “cada compañía desenvolve o seu traballo sen ningún tipo de dirigismo; esta é a nosa mostra de respecto á cultura”. O rexedor manifestou ademais a súa satisfacción xa que “case todas as actuacións rexistran un cheo total e é unha programación totalmente consolidada”.

A nova tempada comeza o venres 28 de setembro coa compañía Dani García e o seu espectáculo familiar Don Gelati que, ademais, o sábado ofrecerá un pasacalles pola rúa do Príncipe.Tamén haberá espectáculos para público adulto como o da compañía Yllana e os Primital Bros, “The Primitals”, os días 5 e 6 de outubro.

A programación complétase con Spasmo Teatro con “El Mundo Lirondo” o 7 de outubro; “O servidor de dous amos”, de Talía Teatro, os días 12 e 13 de outubro; “Rosa Caramelo e outras historias”, tamén de Talía Teatro, o 14 de outubro; “A leituga”, de Eme2 emocionarche, o 19 e 20 de outubro; ” Patapatúm”, de Elefante Elegante, o 21 de outubro; “Cáscaras vacías”, da compañía Lazona, o 26 de outubro; ” BB Circus”, de Asacocirco, o 28 de outubro; “Una conferencia bailada”, de Bddanza, o 2 de novembro; “Rojo Estándar”, de Lanördika, o 4 de novembro; ” Iberian Gangsters”, de Teatro Meridional, o 9 de novembro; “Alquimia”, de Mago Teto, o 11 de novembro; Susana Seivane actuará o 16 de novembro; “Concerto singular”, de Píscore, o 18 de novembro; “Da avaricia, a luxuria e a morte”, de Teatro do Noroeste, o 23 de novembro e ” Frankenstein. No soy un monstruo”, de Pata Teatro, o 25 de novembro.

 Programa