É unha senda inclusiva que percorre parte do máxico camiño que une, pola beira do mar, a Costa da Morte, organizada pola Federación Provincial de ANPAS da Coruña -Costa da Morte, en colaboración coa Asociación Deportiva e Cultural Rompendo Límites, ao que se suman máis entidades, posto que este é un proxecto colectivo aberto. E que agardamos siga a medrar!
O Camiño SenLímites 2018 está baseado na aprendizaxe cooperativa, por proxectos, inclusión educativa e a cooperación entre a comunidade educativa, dese xeito contaremos con diversas Científicas e Científicos Sen Límites que nos amosarán novos coñecementos. Agardamos por eles!!!
O resultado desa aprendizaxe desembocará o 17 de marzo do 2018 nuns roteiros que fan de fíos condutores ou de soporte para a realización de diversas actividades en equipo.
No Camiño SenLímites poden participar grupos de persoas diversos, heteroxéneo. A inscrición é de xeito individual ou colectivo a través de entidades deportivas, colectivos de Necesidades Específicas, ANPAs, asociacións diversas,… constando de varios roteiros que inclúen diversas actividades como visitas a museos, charlas diversas (historia e historias da zona, efectos da nosa situación xeográfica,…e outras actividades socioeducativas,…en comunidade e coa colaboración de distintos ponentes, entre eles, alumnado diverso de centros educativos, ecoloxistas, investigadores, artistas…
Organización Básica.
Contamos coa colaboración dos concellos polos que pasan os roteiros (Carballo, A Laracha, Malpica, Ponteceso, Cabana, Zas, Laxe, Camariñas, Muxía, Cee, Carnota, Carnota), xunto ao concello de Carballo que xa no 2017 colaborou con infraestrutura e furgoneta para coche escoba, transporte.
Necesitamos voluntariado técnico formado e outros non necesariamente formado, coordinadoras dos diversos grupos participantes, contrataremos 3 tipos de seguro (Resp. Civil, Accidentes de voluntariado e o individual de participantes).
É imprescindible contar con algo básico (sen iso é imposible pode organizar case nada):
Capacidade de compartir, ser empáticos, estar abertos a aprender (de tod@s @s participantes) en cada roteiro, e ganas de pertencer a unha comunidade afectiva.
Como é concibido o Camiño SenLímites?
É concibido como unha estratexia inclusiva a longo prazo. A través do Camiño SenLímites colaboramos na visibilización da necesidade de abordar e responder á diversidade de persoas e sensibilizar na necesidade de reducir a exclusión dentro e fóra do sistema educativo.
Ou sexa, o obxectivo transversal do inclusivo Camiño SenLímites, onde participan tanto persoas con ou sen discapacidades, é permitir que todas e todos nos sintamos cómodos na diversidade na que vivimos, percibíndoa non como un problema, senón tamén como unha oportunidade para enriquecer as formas de ensinar, aprender e convivir.
O Camiño SenLímites transformouse nunha alianza natural con diversas asociacións da contorna. Asociacións que promoven que a diversidade das persoas superen os obstáculos e dificultades na súa contorna para poder participar plenamente na vida da súa comunidade.
Son necesarias tantas alianzas?
Si. É necesario visibilizar que vivimos nunha realidade complexa que require apoios para que, entre todas e todos, de xeito cooperativo rompamos barreiras co obxectivo de conseguir unha sociedade máis equitativa e xusta; que permita vivir dun xeito máis independente e cómodo posible máis aló das limitacións e dificultades que teñamos. En resumo, iso é o Camiño SenLímites.
Viki Rivadulla resume en poucas palabras que é o Camiño SenLímites:
“Ademais de amosar a fermosura do noso patrimonio sirve para socializar, para rachar barreiras e para dicir que, xuntos, non hai límites”
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.