Escola de Rúa. Escola Permanente do Dereito na Educación Social

Publicado por o día 27/03/2018 na sección de Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia,Educación,Formación,Social

Escola de Rúa. Escola Permanente do Dereito na Educación Social

Escola Permanente do Dereito na Educación Social (Escola da Rúa) nace no seo do Ceesg co obxectivo de formar ás educadoras e educadores sociais en cuestións relacionadas co ámbito xurídico e o dereito, para dar resposta ás inquietudes das colexiadas e colexiados, e ás necesidades detectadas polo propio colexio profesional.

Nace froito da colaboración entre A Sensu Contrario, que se encarga da asesoría xurídica do Ceesg, da Universidade Paralela que este grupo promove e do propio colexio, ao detectar que a formación básica no ámbito xurídico é deficitaria no noso sector, e co convencemento de que esta é un elemento clave para as educadoras e educadores sociais.

Na primeira etapa de funcionamento están previstas 9 accións formativas, que se encadran en tres bloques:

  • Formación permanente xurídica. Contén os elementos académicos básicos imprescindibles para a formación das educadoras e educadores sociais no mundo xurídico. Formación gratuíta.
  • Formación especializada xurídica. Accións deseñadas para afondar en temas de interese laboral para as educadoras e educadores sociais, cun marcado carácter de especialización.
  • Formación en mediación. Adaptada aos requirimentos do rexistro de persoas mediadoras no Ministerio de Xustiza.

Formularios de inscrición para as próximas accións formativas:

Inscrición no curso RETA. Réxime de Traballadoras Autónomas (13/04/18).

Inscrición no curso Dereitos laborais das educadoras e educadores sociais (4/05/18).

Inscrición no curso Discapacidade (15/06/18).

Inscrición  no curso Protección de datos (29/06/18).

Inscrición no curso Estatuto xurídico da Educación Social (13/07/18)

O prazo de inscrición de cada actividade será ata 5 días antes da súa celebración, ou completar aforo.

Ver información detallada