Fascismo nunca máis

Publicado por o día 04/01/2021 na sección de Galicia,Social,Vigo

Fascismo nunca máis

O pasado día 15 de decembro na comarca de Vigo, naceu a organización “Vigo Antifascista”. O noso obxectivo é frear o crecente auxe que está experimentando o fascismo nos diferentes ámbitos (forzas armadas, corpos represivos, fundacións franquistas, partidos políticos como Vox, xudicatura, medios de comunicación, etc.)

Esta deriva reaccionaria é posibel porque as institucións amparan e promoven o fascismo con total normalidade. Hoxe en día, aínda se subvencionan plataformas e fundacións fascistas, algo inaudito nun “estado democrático”.

Os fascistas pululan por todos os estamentos do Estado, a reforma política impulsada por Franco- Juan Carlos I, non depurou as institucións do actual réxime de elementos reaccionarios. E máis, foron os políticos fascistas con importantes responsabilidades con Franco, os encargados de levar a cabo a mal chamada “Transición” para controlar as rendas da reforma e evitar calquer descontrolo. Como dixo o propio Franco: “Todo atado e ben atado”.

Adolfo Suárez e outros dirixentes fascistas, Cabanillas Gallas, Arias Salgado, Fernández Miranda, Posada Cacho, Mariscal de Gante, Oreja, Cisneros, Manuel Fraga, Martín Villa, Ruiz Gallardón, Pérez Llorca, etc, foron os encargados de traer a “democracia” ao Estado español. Da noite á mañá fixéronse demócratas?

Todos os fascistas da época de Franco continuaron nos seus cargos, ou ascenderon a postos de maior responsabilidade. A farsa da transición española supuxo a continuación do franquismo “maquillado”.

A mesma oligarquía da dictadura, e que continua co poder no actual réxime de 78, é a responsábel do auxe do fascismo. Consciente dos problemas económicos que a crise sanitaria do Covid19 provoca nos sectores populares, empregan o fascismo para evitar que o pobo traballador se organize.

Ante este grave escenario que padecemos na Galiza e no resto do estado, Vigo Antifascista xorde para evitar que aconteza algo semellante ao vivido no holocausto do 36. O fascismo debe ser combatido de frente e esmagado, non podemos permitir que ocupen as rúas.

“Organízate no antifascismo combatente! Organízate en Vigo Antifascista!”, manifesta Vigo Antifascista.

Comentar noticia

Your email address will not be published.