En colaboración con Acadar (Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia) levaremos a cabo unha formación sobre uso de linguaxe inclusiva e non discrimitoria que terá lugar o vindeiro 2 de marzo pola tarde na sede do Ceesg (Compostela).
Neste obradoiro presentarase o proxecto ‘Comunica a Conciencia‘, financiado pola Fundación ONCE, e que serve de marco para esta formación. Veremos a importancia da linguaxe como elemento integrador; estudiaremos o concepto de linguaxe inclusiva e non discriminatoria; analizaremos a desigualdade e androcentrismo na linguaxe, vendo os usos frecuentes e alternativas; reflexionaremos sobre o papel dos medios de comunicación, e traballaremos en propostas de estilo para unha comunicación inclusiva e non discriminatoria con colectivos sociais.
Esta formación está aberta a toda persoa con interese no tema. A participación será gratuíta, sendo necesaria inscrición previa a través do Ceesg (prazas limitadas).
Ir ao formulario de inscricións
Lugar: Sede do Ceesg (Rúa Lisboa, 20, Compostela – ver ubicación)
Horario: 16:00-20:00 h.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.