Galicia a día de hoxe rexistra 17.125 casos activos por coronavirus e nas últimas horas faleceron 15 persoas 3 delas en Vigo

Publicado por o día 22/01/2021 na sección de Coronavirus,Galicia,Salud,Sanidad

Galicia a día de hoxe rexistra 17.125 casos activos por coronavirus e nas últimas horas faleceron 15 persoas 3 delas en Vigo

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 17.125, deles 4.414 son da área da Coruña, 1.449 da de Lugo, 2.413 da de Ourense, 1.485 da de Pontevedra, 3.153 da área de Vigo, 2.843 da de Santiago, e 1.368 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 137 están en UCI, 795 en unidades de hospitalización e 16.193 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 64.662 persoas curadas, rexistrándose 1.599 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 1.297.047.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 65.411.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

TOTAL GALICIA
DENTRO DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS
NÚMERO DE CASOS
17.125
               513 usuarios
               259 profesionais
FALECEMENTOS
1.599
               274 en residencias
               359 en hospitais e residencias integradas

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

 

CASOS VINCULADOS A ESCOLAS INFANTÍS E CENTROS EDUCATIVOS

 
 
TOTAL GALICIA
 NÚMERO DE POSITIVOS
2.628
 AULAS PECHADAS
114
 CENTROS PECHADOS
6

Os datos de escolas infantís e centros de ensino non universitario corresponden aos rexistrados diariamente a través da Central de Seguimento de Contactos, os propios centros e as xefaturas territoriais.

Os falecidos

Falecen 15 persoas que foran diagnosticadas por coronavirus.

Muller de 86 años, no CHUAC.

Home de 46 años, no CHUAC.

Home de 69 años, no CHUAC.

Home de 82 años. Falece na residencia Santa Teresa de Jornet.

Home de 87 años. Falece na residencia DOMUSVI de Vimianzo.

Muller de 76 años, no CHUF.

Muller de 87 años, no CHUF.

Home de 65 años, no CHUS.

Muller de 91 años. Falece na residencia San José de Arzúa.

Muller de 82 años. Falece na residencia DOMUSVI de Ribeira

Home de 84 años, no CHUO.

Home de 74 años, no CHOP.

Home de 64 años, no CHUVI.

Home de 95 años, no CHUVI (procendente da residencia Paz y Bien de Tui).

Muller de 90 años, no CHUVI (procedente da residencia Las Angélicas de Vigo).

Todos eles presentaban patoloxías previas, agás o varón de 46 anos falecido no CHUAC.

Uso do 061 para casos graves e emerxencias e o 900 400 116 para dúbidas

A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.

Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Rexistro de viaxeiros no 881 00 20 21 e obrigatoriedade do uso da máscara

Lémbrase que as persoas que visiten Galicia nas vindeiras datas e procedan ou estivesen, durante os 14 días previos á súa chegada, nalgún dos territorios con alta incidencia epidemiolóxica incluídos na listaxe publicada no Diario Oficial de Galicia, deberán facilitar os seus datos de contacto ao Servizo Galego de Saúde, ben a través do teléfono 881 00 20 21 ou ben a través do formulario da web do Sergas.

Ademais, reitérase o carácter obrigatorio do uso da máscara tanto en espazos abertos como pechados, poñendo especial énfase na súa utilización nos locais e establecementos comerciais e de hostalería.

Recomendacións

Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe.

Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.

É importante tamén procurar unha axeitada ventilación dos espazos interiores optando preferentemente por espazos abertos e tratando de evitar aglomeracións.

Non se debe esquecer o mantemento da distancia de seguridade, o uso axeitado da máscara e atender ás restricións específicas que se poidan establecer en cada comarca ou concello.

Comentar noticia

Your email address will not be published.