Galicia impulsa a dixitalización das pemes co obxectivo de incrementar as súas vendas ao exterior e abrir novos mercados

Tamén no eido da internacionalización, publícase hoxe a resolución do Galicia Exporta Empresas, que, xunto co programa xestionado por agrupacións empresariais, impulsará máis de 800 proxectos en preto de 100 países
Publicado por o día 26/09/2019 na sección de Galicia,Vigo,Xunta de Galicia

Galicia impulsa a dixitalización das pemes co obxectivo de incrementar as súas vendas ao exterior e abrir novos mercados

O director do Igape, Juan Cividanes, abriu esta mañá en Vigo o ciclo de xornadas formativas sobre internacionalización dixital que a Consellería de Economía, Emprego e Industria pon en marcha co obxectivo de contribuír ao esforzo que as empresas galegas veñen realizado para incrementar a súa presenza nos mercados internacionais, abrir novos espazos para as vendas e diversificar a oferta de produtos e servizos.

Neste ciclo de encontros, que se realizarán nas principais cidades galegas, ademais de asistir ás exposicións de expertos que informarán sobre as claves precisas para avanzar na expansión do comercio electrónico, os asistentes teñen a oportunidade de recibir asesoramento profesional e personalizado sobre as posibilidades de internacionalización dixital para desenvolver nas súas empresas.

O director do Igape resaltou que a iniciativa, enmarcada dentro da Axenda Industria 4.0, pretende contribuír a mellorar a presenza no exterior das empresas galegas, que nos sete primeiros meses do ano acadaron un volume de exportacións de 12.385 millóns de euros, mantendo deste xeito o bo ritmo de vendas neste período dos tres últimos anos, os mellores rexistrados na Comunidade.

Cividanes lembrou que Galicia mantén un peso do 7,2% sobre o total das exportacións nacionais, ao tempo que a balanza comercial da Comunidade segue en positivo, cun saldo de 850 millóns de euros no acumulado do ano.

Galicia Exporta Empresas

Para apoiar o esforzo de diversificación de produtos e mercados aos que se dirixen as vendas galegas, a Xunta vén de reforzar os apoios do programa Galicia Exporta Empresas, cuxa resolución publica hoxe o Diario Oficial de Galicia. A actual convocatoria achegará axudas por valor de 7,5 millóns de euros para impulsar 330 proxectos de internacionalización en 53 países. Respecto da edición anterior, increméntase nun 53% o importe total dos apoios e nun 26% o número de empresas beneficiarias.

Estas axudas súmanse ás achegadas pola convocatoria vixente do Galicia Exporta Organismos Intermedio

Estas axudas súmanse ás achegadas pola convocatoria vixente do Galicia Exporta Organismos Intermedios. Así, a través das dúas liñas do programa Galicia Exporta, xestionadas polo Igape, a Consellería de Economía, Emprego e Industria, achega 9,38 millóns de euros para que máis de 800 empresas leven a cabo accións de promoción en preto de 100 países.

Maquinaria 4.0

Na presentación das xornadas, o director do Igape fixo fincapé en que o pulo á presenza no exterior das nosas pemes ten que ir da man do desenvolvemento tecnolóxico e da dixitalización, e lembrou que para avanzar nese sentido a nova folla de ruta trazada pola Axenda Industria 4.0 inclúe o reforzo dos programas xa en funcionamento e a activación de novas liñas de actuación para o desenvolvemento de servizos, solucións, ferramentas de colaboración e financiamento 4.0.

Así, Cividanes lembrou que hoxe o DOG tamén recolle a invitación aberta, no marco do programa Maquinaria 4.0, para que empresas de todos os tamaños e agrupacións empresariais presenten proxectos e manifesten o seu interese en que o sector de fabricantes de maquinaria e bens de equipo de Galicia desenvolva determinadas liñas de produto que sirvan nos seus procesos industriais. O prazo de presentación de propostas estará aberto ata o 22 de outubro.

Destacou que esta iniciativa é unha das novas liñas tamén impulsadas pola Axenda Industria 4.0, folla de ruta que a Xunta pon en marcha co obxectivo incentivar aos fabricantes de maquinaria a desenvolver produtos que dean resposta a necesidades concretas e que permitirá reforzar a estandarización no sector e facilitar a compra local, nacional e internacional de tecnoloxía ‘made in Galicia’.

s. Así, a través das dúas liñas do programa Galicia Exporta, xestionadas polo Igape, a Consellería de Economía, Emprego e Industria, achega 9,38 millóns de euros para que máis de 800 empresas leven a cabo accións de promoción en preto de 100 países.