IESIDE presenta a masterclass sobre xeración de experiencias «Do dato á experiencia de usuario»

Impartirase maña mércores 4 de marzo, ás 18.30 h, no Campus de Vigo de IESIDE da man de Alejandro López-Rioboó
Publicado por o día 03/03/2020 na sección de Galicia,Formación,Vigo

IESIDE presenta a masterclass sobre xeración de experiencias «Do dato á experiencia de usuario»

IESIDE presenta a masterclass «Do dato á experiencia de usuario» no seu Campus de Vigo (avda. Madrid, 60). Terá lugar mañá mércores 4 de marzo, a partir das 18.30 h, a cargo de Alejandro López-Rioboó, Executive Director en Antipodes Digital e profesor asociado do ICEMD. A asistencia é de balde pero é necesario inscribirse previamente neste formulario.

Vivimos unha época de ultracompetencia na que aparecen e morren empresas a unha velocidade vertixinosa, onde os custos de produción reducíronse á mínima, así como os de transportes e mesmo os da man de obra. As barreiras de entrada á tecnoloxía e para dar a coñecer o noso produtos apenas existen, con campañas a medida para calquera orzamento e controladas en tempo real. Entón, que facemos neste momento no que os produtos se despersonalizan e o concepto de marca cámbianos?

É a hora dos datos, de coñecer e interpretar o comportamento do noso usuario, de xerarlles experiencias e emocións, de crecer na relación a futuro con eles, de xerar unha afinidade que faga que elixan o meu produto por encima do da competencia. Unha correcta xestión do meu CRM, apoiado en ferramentas de marketing automation, establecerá unha relación co cliente, que, apoiada no contido, xere unha vinculación coa marca, perdurable no tempo.