O campus de Ourense acolleu este sábado a celebración dunha quinta edición do Ourense Termal Athletics Meeting 2018 que prometía atletismo en “cantidade” e “calidade”. Dúas promesas que rematada a cita desde a organización consideran cumpridas. A competición reuniu a máis de 300 deportistas de doce nacionalidades e a pesar do mal tempo inicial, as pistas de atletismo universitarias responderon ás expectativas duns deportistas que buscaban facer nelas arrancar con bos tempos a tempada de ‘meetings’. Jesús Gómez e Mariana Machado puxeron as mellores marcas nesta edición.
Nomes destacados
Organizado pola Deputación de Ourense, o Concello e o campus co apoio do Club Deportivo Aurum e a Delegación de Ourense da Federación Galega de Atletismo, a cita contou con case catro horas de competición na que se deron cita “dalgúns dos máis destacados atletas do noroeste peninsular”. Salientando o traballo que hai detrás da organización dunha cita deste nivel e a boa resposta de público ao evento, Lalo Gómez, director do torneo, destaca a satisfacción da organización polos resultados acadados tanto a nivel deportivo como de desenvolvemento da actividade. “En concreto para o campus de Ourense foi unha oportunidade excelente de darse a coñecer fóra de Galicia e de sacarlle o máximo rendemento ás súas pistas de atletismo, unhas pistas de moita calidade que os deportistas aprecian por ser moi rápidas”, indica Lalo Gómez.
As mellores marcas da reunión por táboa IAFF, explica o especialista en atletismo e colaborador do Ourense Termal Athletics Meeting 2018 Gonzalo Mende, leváronas en 1500 m “a portuguesa Mariana Machado con 4.21.77, que lle dá o pasaporte ao mundial de Tampere, e o burgalés Jesús Gómez, con 3.41.56 nun comezo de ano máis que interesante”. A venezolana Nedian Vargas acadou 24.02 e a segunda praza do evento compartida co murciano Mariano García, que acadou 3.44.58 en 1500 m. Os saltadores lisboetas Teresa Vaz con 6.16 e Ivo de Moura con 7.42 acadaron a vitoria en lonxitude. Daniel Cerdán (21.24 MMT en 200 m), Antía Martínez (15.26 en vallas), Andreia Crespo (56.48 en 400 m) e Alejandro Fernández (14.24.21 en 5000 m) foron algúns dos outros nomes destacados da competición.
Peche da categoría feminina de fútbol gaélico
Polo que respecta ao fútbol gaélico, o Auriense feminino caeu esta fin de semana eliminado en semifinais da Copa Galega contra o equipo local das Herdeiras de Dhais, por un axustadísimo marcador de 24-20. “O partido, igualado en todo momento, pechouse no descanso coa vitoria visitante por un tanto, pero finalmente decantouse do lado lalinense debido ao acerto a paos no segundo tempo. Unha derrota dolorosa, pero que o club quítalle ferro debido á excelente tempada das xogadoras do Auriense, medrando deportivamente e socialmente, dentro dun deporte descoñecido ata fai pouco na nosa provincia”, sinalan desde o Auriense FG.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.