Máis de 200 cidades tinguirase de violeta e decretarase emerxencia feminista

Publicado por o día 20/09/2019 na sección de Social,Colectivos Feministas,Protestas

Máis de 200 cidades tinguirase de violeta e decretarase emerxencia feminista

Máis de duascentas cidades súmanse contra a violencia de xénero nas concentracións nocturnas previstas hoxe.

Emerxencia Feminista convocou concentracións nocturnas este próximo 20 de setembro para declarar o estado de alerta. No caso de España, este último verán foi un dos peores en cuestións de acoso sexual, violencia machista, asasinatos e abusos sexuais, segundo os datos ofrecidos polas organizadoras.

Neste momento xa se sumaron máis de 200 cidades e poboacións de todos os recunchos do país, e tamén poboacións de Francia e Arxentina, conseguindo así unha dimensión internacional.

As concentracións comezarán ás 20h no caso de España, nos diferentes lugares indicados no mapa interactivo.

Reclámase con urxencia o seguimento do cumprimento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, ademais, de esixir de novo a adhesión ao convenio de Istambul.

Para seguir as últimas informacións do evento pódese consultar os hashtags #EmergenciaFeminista #Luzvioleta # nochevioleta #20S

Aquí tedes o cartaz da de Vigo