Máis de 400 afectados inscritos na campaña #motorenault de OCU

A plataforma ten como obxectivo informar a todos os posibles consumidores afectados por un posible fallo nos motores Renault 1.2 de gasolina
Publicado por o día 19/06/2019 na sección de Motor,OCU,Social

Máis de 400 afectados inscritos na campaña #motorenault de  OCU

Dúas semanas despois da posta en marcha da campaña #motorenault de OCU, máis de 400 consumidores inscribíronse na plataforma impulsada pola organización para informar a todos os usuarios afectados.

OCU lembra que, en España, os modelos da marca Renault afectados son os modelos Captur, Clio 4, Kadjar, Kangoo 2, Megane 3, Scenic 3 e Grand Scenic 3, os modelos Duster, Dokker e Lodgy da marca Dacia e os modelos Juke, Qashqai 2 e Pulsar da marca Nissan, todos eles fabricados entre 2012 e 2016 que no seu conxunto supoñen ao redor de 100.000 vehículos afectados.
A asociación de consumidores francesa UFC denunciou a existencia dun fallo no sistema de admisión destes motores que provoca un consumo excesivo de aceite (máis dun litro cada 1000). Este consumo excesivo pode provocar importantes avarías nos vehículos. Renault é consciente deste fallo, pero négase a recoñecer a súa existencia, que lle obrigaría a reparar de forma gratuíta os motores de todos os vehículos afectados. Ata agora Renault dá unha resposta individual a cada afectado, negándose a custear a reparación unha vez transcorrido o período de garantía.
Ante o clamoroso silencio de Renault, OCU vai instar á marca para que faga públicas as cifras das avarías sufridas polos motores afectados e cales foron as medidas adoptadas para reparar os posibles prexuízos sufridos polos usuarios.

Por último OCU puxo ao dispor de todos aqueles interesados en recibir información sobre esta cuestión unha páxina web da campaña #motorenault onde se compromete a proporcionar toda a información necesaria para poder reclamar en caso de sufrir algún prexuízo propoñendo a Renault unha solución conxunta a todos os afectados.