Grazas a ti xa somos máis de medio millón de persoas! Desde que asinaches a nosa petición conseguimos que 500,000 persoas de toda Europa apoien a nosa petición de eliminar o ISDS e esixir normas obrigatorias para as multinacionais.
Co teu apoio, poderiamos poñer fin ao ISDS – un sistema que outorga ás multinacionais un dereito exclusivo para demandar a gobernos por pasar leis a favor dos dereitos das persoas e o medio ambiente. En lugar deste sistema de privilexios podemos asegurar un instrumento internacional vinculante que obrigue ás multinacionais para responsabilizarse pola violación de Dereitos Humanos labores.
Foi unha campaña exitosa de momento. Vimos protestas por todo o continente, presionado aos nosos eurodeputados/as a rexeitar o tratado con Singapura que ameaza con revivir o ISDS e atraemos a atención ás atrocidades – mesmo asasinatos – que as multinacionais cometen de maneira impune.
O próximo mes é crucial para a campaña. A UE está a considerar saírse das negociacións sobre o Tratado Vinculante de Nacións Unidas sobre empresas e Dereitos Humanos. Temos que responder con máis forza para evitar que os países ricos da UE saboteen esta oportunidade única de establecer un mecanismo que penalice ás multinacionais por cometer violacións aos Dereitos Humanos e garanta o acceso á xustiza ás vítimas. Ademais, a principios de Abril, continúan as negociacións en Nova York para expandir o ISDS a un novo sistema chamado “Corte Multilateral de Investimentos” ( MIC polas súas siglas en inglés). Temos que usar esta oportunidade para argumentar que o ISDS ten que ser enterrado e non revivido.
A mellor maneira para gañar esta campaña é obter máis apoios. Medio millón é un logro incrible pero un millón sería moito mellor. Por favor comparte esta petición en todas as túas redes, amigos/ as e familiares. Tamén nos podes axudar cunha doazón.
Ante todo, grazas polo voso apoio ata agora.
Alex Scrivener
Coordinador da campaña
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.