Miguel Vázquez Freire presentará na librerí Librouro o seu novo libro

Publicado por o día 04/11/2019 na sección de Galicia,Cultura,Eventos,Vigo

Miguel Vázquez Freire presentará na librerí Librouro o seu novo libro

O xoves 7 de novembro, ás 20:00 horas, na librería Librouro, Eduardo Iglesias 12, Vigo, terá lugar a presentación do libro Da Carapuchiña ao señor Lamote Clásicos da literatura para a infancia e a mocidade en lingua galega de Miguel Vázquez Freire.

Miguel Vázque Freire (Corcubión, 1951) e colaborador como crítico de literatura infantil en numerosas publicacións. Foi director da revista infantil “Golfiño” e codirector da colección Merlín de Xerais, ademais de co-autor dos materiais educativos de Filosofía de Xerais (1990-2008) como membro do grupo de Didáctica da Filosofía Enxergo e promotor de «Pé de Imaxe» e de Nova Escola Galega. Como especialista en didáctica da filosofía publicou: “Nietzsche” (Xerais, 1990); “Iniciación á Estética” (Xerais, 1993); “Política e Sociedade” (Xerais, 1993); “Mandar, obedecer, rebelarse” (Xerais, 1996), ademais de realizar a tradución para o galego da obra de R. Descartes “O discurso do método” (Xerais, 2000). Para o público infantil publicou: “As aventuras do Gato Bógar” (Xerais, 1989); «O rapaz que non quería ser heroe nin sabía dicir amor», conto incluído no volume “Contos da campaña 3” (1992); “A cor do elefante” (1994); a peza teatral, en colaboración con Gloria Sánchez, “A princesiña Socorro, o trobeiro Carolo e o demo dos cornos” (Xerais, 1995), “A primeira máquina de fotos” (1998), “O neno que tiña medo dos robots. O robot que tiña medo dos nenos” (1998), “María é maior” (2007), “Contos de Reis e de Nadal” (Xerais, 2007), “O souto escuro e perigoso” (Xerais, 2011), “Fadita fosca!” (2013). Como narrador publicou: “Proxecto pomba dourada” (1987, Xerais, 2000), novela; “A malvada María Xosé” (Xerais, 1989), novela; “Galería de esquecidos de Feliciano Lobelos” (Xerais, 1993), relatos; “Anxos en tempos de chuvia” (Xerais, 1997), novela, incluída na Lista de Honra do IBBY 1999 e “Demos de verán” (Xerais, 2017), novela. A súa obra está traducida a todas as linguas peninsulares.

O libro é unha ollada galega e orixinal da historia da literatura infantil e xuvenil. Por que o lobo debe seguir comendo á Carapuchiña? Era Alicia unha nena burguesa? Contra a absurda concepción de opoñer unha cultura «elevada» fronte á literatura infantil e xuvenil. Un libro para coñecer a lix galega universal.

No acto participarán Chus Pereiro, Manuel Bragado e o autor.