Nace un manifesto baixo o nome ““Basta xa!”” na Galiza a raíz dos encarcelamentos dos lideres catalans

Publicado por o día 26/03/2018 na sección de Social

Nace un manifesto baixo o nome ““Basta xa!”” na Galiza a raíz dos encarcelamentos dos lideres catalans

O manifesto comeza: Como galegas e galegos, que sabemos moito de humillacións e de falta de respecto á nosa dignidade como pobo, manifestamos a nosa repulsa pola forma en que o Estado español está a tratar o pobo catalán, as súas institucións democráticas e os seus e as súas lexítimas representantes políticas.

Repudiamos, e sentímonos tamén ameazados e ameazadas, polo empeño do Estado español no recurso á represión en forma de embargos, procesos, cárcere e exilio como contestación á manifestación da vontade política do pobo catalán, expresada nas urnas, a favor dun referendo de autodeterminación, e, en todo caso, a favor da superación do marco autonómico.

Consideramos que se está perseguindo dirixentes da Cataluña polo único feito de expresaren libremente as súas ideas socialmente e na sede das institucións políticas constituídas democraticamente, conforme á legalidade e á lexitimidade que lles deu o pobo catalán, sen que en ningún momento cometesen por iso delitos de sedición e rebeldía. Avergoña e entristece a violencia institucional, xudicial e policial, que o Estado español, co Goberno á fronte, está empregando, impropias dun Estado minimamente democrático.

Basta xa!. Queremos a liberdade inmediata de todos os presos e presas políticas perseguidas e encarceradas polo simple feito de defenderen por métodos pacíficos que o pobo catalán existe e ten unha vontade política expresada democraticamente nas urnas, que debe ser respectada.

Promotoras e promotores:

  • Suso de Toro
  • Mercedes Queixas
  • Quico Cadaval
  • Isabel Risco
  • Paulo Carril
  • Margarita Ledo
  • Xoán Costa
  • Elvira Souto
  • Xurxo Souto
  • Pilar García Negro
  • Moncho Suevos
  • Ana Cabaleiro
  • Óscar Valadares
  • Pilar Pallares
  • Xosé Lois “O Carrabouxo”
  • Adela Figueroa
  • Antonio Oca
  • Francisco Rodríguez
  • Olaia Ledo
  • Vítor Vaqueiro
  • Xosé Collazo

Se desexas apoiar xa sabes entra na ligazón e logo comparte.

Apoia e comparte!