O Concello de Nigrán abre o prazo de inscrición para participar nun novo roteiro por Monteferro o martes 18 coincidindo co solpor

Os interesados deben anotarse no mail [email protected] aportando os seus datos. O seguinte roteiro é o circular das Medoñas o xoves 20
Publicado por o día 15/08/2020 na sección de Galicia,Nigrán

O Concello de Nigrán abre o prazo de inscrición para participar nun novo roteiro por Monteferro o martes 18 coincidindo co solpor

O Concello de Nigrán, dentro da súa programación de verán ‘Equilibrio Natural’, ofrece novamente este martes 18 de agosto un roteiro especial por Monteferro coincidindo co solpor ante o éxito do celebrado a semana pasada. Os interesados deben inscribirse previamente no mail [email protected] indicando os seus datos e presentarse ás 19:00 no Monumento á Mariña Universal no alto de Monteferro. O percorrido constará de 6 km e dunha duración de 2,5 h. Por outra banda, tamén está aberto o prazo para anotarse ao do sábado na parroquia de Priegue (roteiro circular das ‘Medoñas´) con saída ás 10:00 desde o Camiño do Monte, 21. En ambos casos as prazas están limitadas por indicacións sanitarias e se cubrirán por rigorosa orde de solicitude. Igualmente, o Concello facilitará intérprete de lingua de signos en caso de que algunha das persoas que se inscriba indique esta necesidade no correo electrónico.

Comentar noticia

Your email address will not be published.