O Banco de Alimentos necesita aínda máis de 1.200 voluntari@s na provincia para desenvolver a sua Gran Recollida

Desde que se presentou ante os medios de comunicación a campaña deste ano, hai agora unha semana, xa foron adxudicados nos distintos supermercados da provincia 700 persoas que participarán os próximos días 22 e 23 de novembro
Publicado por o día 29/10/2019 na sección de Galicia,Social,Vigo

O Banco de Alimentos necesita aínda máis de 1.200 voluntari@s na provincia para desenvolver a sua Gran Recollida
A Fundación Provincial Banco de Alimentos necesita aínda da solidariedade dunhas 1.200 persoas que queiran ser voluntari@s os próximos 22 e 23 de novembro, as dúas xornadas nas que se desenvolverá a Gran Recollida (GR) deste ano.
 
Desde que se presentou ante os medios de comunicación a campaña da GR2019, xa foron adxudicados uns 700 voluntari@s, pero séguense necesitando mans para poder levar a cabo con éxito esta acción solidaria, a de maior envergadura para a ONG.
 
Por zonas, dos 2.000 voluntari@s requiridos para a GR: 1.200 serán para cubrir Vigo e a súa área de influencia; 500 para Pontevedra e comarca; 250 para Val Miñor e 50 para Baixo Miño.
 
Como facerse voluntario Para ser voluntario do Banco de Alimentos hai que chamar ao 986 263022 ou cubrir un formulario colgado na web https://www.bancoalimentosvigo.org/about-us/solicitud-de-voluntariado/