O Banco de Alimentos necesita voluntari@s para as súas próximas Operacións Quilo

Están previstas recollidas de comida no Maio Solidario organizado por Gadis o 24 e 25 de maio, así como no Zampakilos Solidario impulsado por Vegalsa-Eroski, a fin de semana do 14 e 15 de xuño
Publicado por o día 21/05/2019 na sección de Galicia,Social,Vigo

O Banco de Alimentos necesita voluntari@s para as súas próximas Operacións Quilo
A Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo necesita voluntari@s para as próximas Operacións Quilo que desenvolverá tanto a finais deste mes de maio como en xuño.
 
Están previstas recollidas de comida no Maio Solidario organizado por Gadis o 24 e 25 de maio, así como no Zampakilos Solidario impulsado por Vegalsa-Eroski, a fin de semana do 14 e 15 de xuño. Estas dúas Operacións Quilo programadas polas propias cadeas de supermercados, requiren a presenza de voluntari@s da entidade.
 
Desde a ONG faise un chamamento de voluntari@ s para poder desenvolver con éxito ambas as citas solidarias que levarán a cabo en establecementos de Gadis e Vegalsa-Eroski de toda a provincia.
 
Porriño (25), Mos (25), Redondela (40), Moaña (30) e Pontevedra (50) son as localidades onde aínda se necesitan voluntari@s, en concreto, urxe a colaboración dunhas 170 persoas que queiran regalar catro horas do seu tempo.
 
Para ser voluntari@ da Fundación Provincial Banco de Alimentos só hai que darse de alta en https://www.bancoalimentosvigo.org/about- us/solicitude-de-voluntariado/ ou chamar aos teléfonos 986263022 (Vigo)/986865301 (Pontevedra).
 
2018, en cifras Durante o ano pasado, o Banco de Alimentos entregou preto de 1,8 millóns de quilos de comida (1.760,629 quilos), a través dos 150 colectivos sociais cos que traballa, cubrindo o 35% das necesidades das 25.000 persoas ás que axuda.
 
A ONG, creada en 1995, apolítica e aconfesional, dedica os seus esforzos para facer cumprir un dos dereitos humanos máis fundamentais: o acceso a unha alimentación suficiente, segura e saudable de maneira gratuíta. Desde 2014, a entidade conta con delegación propia en Pontevedra.